Juan Freire Barcia, nado en Vilar de Mouros (A Capela) o 21 de marzo de 1926 e finado en Monfero o 31 de outubro de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Irmán de José Freire Barcia. Incorporouse co seu irmán á guerrilla en maio de 1949, da man de Francisco Rey Balbís. Pertencía ao destacamento Arturo Cortizas da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Morreu nun enfrontamento armado coa Garda Civil en Pazos o 31 de outubro de 1949,La Voz de Galicia, 1-11-1949, p. 2. suicidándose xunto cos compañeiros José Temblás Paz e Rogelio Alonso Carral, pois outros catro membros do destacamento xa foran abatidos pola Garda Civil.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Capela Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 1949 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes