O voo 883 de Aero Caribbean era un servizo doméstico regular de pasaxeiros dende Santiago de Cuba ata A Habana. O día 4 de novembro de 2010 o ATR 72-212 que operaba a ruta esnafrouse na provincia cubana Sancti Spíritus, matando aos 61 pasaxeiros e 7 tripulantes a bordo.

Avión O aparello implicado no accidente era un ATR 72-212, con rexistro CU-T1549, usado por Aero Caribbean dende outubro de 2006. Foi entregado novo en 1995 ao seu primeiro dono, Simmons Airlines e despois operou con Continental Express. A compañía cubana Aero Caribbean foi o seu terceiro propietario tras mercalo en 2006. Segundo o fabricante, o avión acumulara case 25 000 horas de voo en máis de 34 500 ciclos. Aero Caribbean pertence na súa totalidade ao goberno de Cuba.Flight International, 27 de marzo de 2007

Pasaxeiros e tripulación O capitán ao mando do ATR era Ángel Villa Martínez, acompañado polo primeiro oficial e copiloto Luis Lima Rodríguez. Na cabina de pasaxeiros había cinco asistentes de cabina: Raciel Echevarría, María Torres, Fara Guillén, Juan Carlos Banderas e Andy César Galano. A bordo do aparello había 68 pasaxeiros de distintas nacionalidades, sendo a maioría cubanos.

Accidente O voo orixinouse en Santiago de Cuba. O aparello engalou do aeroporo Santiago Maceo de camiño á Habana ao redor das 16:50 hora local (20:50 UTC). Era a derradeira saída do aeroporto antes de que pechase pola chegada do furacán Tomas. Ás 17:42 o avión esnafrouse preto da cidade de Guasimal, na provincia de Sancti Spíritus, a uns 340 km ao sueste da Habana, despois de realizar unha chamada de emerxencia. Testemuñas dixeron que o avión estaba "voando baixo e parecía inestable... derramando fume e lume", antes de escoitar un estoupido.

As instalacións médicas en Guasimal foron postas en alerta para preparatse para recibir aos pacientes. Porén, na medianoite se lles dixo que se retiraran xa que non se esperaban superviventes.

O accidente é o peor cun ATR 72 implicado, xunto co voo 4184 de American Eagle, os dous con 68 mortos.

Notas

Aero Caribbean 0883 Aero Caribbean Aero Caribbean