Eulagos é un subxénero de mamíferos lagomorfos da familia dos lepóridos pertencente ao xénero Lepus, que comprende seis especies de lebres.

Características O subxénero comprende seis especies de lebres, (aínda que algúns autores lles atribúen dez), que se caracterizan por ser de bo tamaño (xeralmente de ao redor de medio metro ou máis, até os 70 cm de lonxitud da lebre europea, o lagomorfo máis grande vivo actualmente), de aparencia delgada, patas longas e delgadas, cos pés posteriores alongados, cabeza grande e alongada e orellas longas con tendencia a ensanchárense na parte distal.

Taxonomía Descrición O subxénero foi definido en 1867 polo naturalista británico John Edward Gray.Eulagos Gray, 1867 en MSW.Lepus (Eulagos) Gray, 1867 no ITIS.

Etimoloxía O nome científico Eulagos está formado polos elementos do latín científico eu- e -lagos. O primeiro deriva do correspondente, e moi utilizado, do grego antigo εύ- ou εὕ-, tirado do adverbio εὗ ou ἐΰ, 'ben', 'xusto', 'exacto'; e o segundo, do nome do grego antigo λαγώς lagṓs, 'lebre'. Literalmente: 'as lebres auténticas', ou 'as lebres verdadeiras'.

Especies Na actualidade recoñécense neste subxénero as seis especies seguintes:

Subxénero Eulagos Lepus castroviejoi Palacios, 1977 Lepus comus Allen, 1927 Lepus coreanus Thomas, 1892 Lepus europaeus Pallas, 1778 Lepus mandshuricus Radde, 1861 Lepus starcki Petter, 1963

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Walker, E. (1975): Mammals of the World. 2 Vols. Sixth edition. Baltimore, Maryland, USA e Londres Reino Unido: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Outros artigos Lagomorfos Lepóridos

Categoría:Lagomorfos