A Cidade Antiga de Damasco é o centro histórico de Damasco (Siria). A cidade antiga que é unha das cidades habitadas máis antigas no mundo, contén numerosos sitios arqueolóxicos, incluíndo algunhas igrexas e mesquitas históricas. Moitas culturas deixaron a súa marca, especialmente helenísticas, romanas, bizantinas e islámicas. En 1979, o centro histórico da cidade, rodeado de murallas da era romana, declararouse Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. En xuño de 2013, a UNESCO incluíu todos os sitios sirios na lista de Patrimonio Mundial en perigo para avisar dos riscos aos que están expostos debido á Guerra civil siria.
Orixes e fundación
Situada na marxe sur do río Barada, a antiga cidade fundouse no terceiro milenio a. de C. O diámetro horizontal do óvalo é de aproximadamente 1´5 km coñecido como Rúa recta de Damasco, mentres que o diámetro vertical ) é de aproximadamente 1 km.. Cunha área aproximada de 86´12 hectáreas (0´86 km²), a cidade antiga estaba dentro dun muro histórico de 4´5 km en circuíto que foi construído principalmente polos romanos, entón fortificada pola dinastía aiúbida e mamelucos.
A primeira mención de Damasco foi como "Ta-ms-qu" no segundo milenio a.deC., situouse na rexión de Amurru no medio dunha zona de conflito entre os hititas e exipcios. A cidade pagaba tributos ata o xurdimento dos Pobos do Mar no 1200 adeC cuxas incursións axudaron a debilitar aos rivais. En consecuencia, os arameos semitas conseguiron establecer o estado independente de Aram-Damasco (século XI-733 adeC), nomeando a cidade principal como "Dimashqu" ou "Darmeseq".
Cadro de tempo histórico
Ao longo da súa historia, Damasco formou parte dos seguintes estados:
c. 2500–15th century BC, Canaánitas Século XV a. de C.– a finais do século XII a.de C., Imperio Novo de Exipto late 12th century BC–732 BCE, Aram-Damasco 732 BC–609 BC, Asiria 609 BC–539 BC, Babilonia 539 BC–332 BC, Persas Imperio aqueménida 332 BC–323 BC, Reino de Macedonia 323 BC–301 BC, Dinastía antigónida 301 BC–198 BC, Reino Tolemaico 198 BC–167 BC, Imperio Seléucida 167 BC–110 BC, Ituraa (Semi independente dos Seléucidas) 110 BC–85 BC, Decápolis (Semi independente dos Seléucidas) 85 BC–64 BC, Reino Nabateo 64 BC–27 BC, República Romana 27 BC–395 AD, Imperio Romano 476–608, Imperio Bizantino 608–622, Imperio Sasánida 622–634, Imperio Bizantino (restaurado) 529–634, Gasánidas 634–661, Califato ortodoxo 661–750, Califato Omeia
750–885, Califato Abbásida 885–905, Tulúnidas 905–935, Califato Abbásida (restaurado) 935–969, Iquíxidas 970–973, Califado Fatímida 973–983, Cármatas 983–1076, Califado Fatímida (restaurado) 1076–1104, Imperio Selxúcida 1104–1154, Dinastía Burida 1154–1174, Zengidas 1174–1260, Aiúbidas 1260 marzo–agosto, Imperio Mongol 1260–1521, Sultanato mameluco 1516–1918, Imperio Otomán 1918–1920, Administración do Territorio Inimigo Ocupado 1920 marzo–xullo, Reino Árabe Unido de Siria 1920–1924, Estado de Damasco baixo o Mandato Francés 1924–1946, Mandato francés de Siria 1946–1958, República Siria 1958–1960, República Árabe Unida 1960–presente, Siria
miniatura|Mapa de Damasco en 1855
Lugares principais miniatura|left| Típica rúa antiga Damascena Damasco ten unha gran cantidade de sitios históricos que se remontan a diferentes épocas da historia da cidade. dado que a cidade construíuse con todas as ocupacións que pasaron, converteuse ase imposible para escavar todas as ruínas de Damasco que están a menos de 2´5 metros debaixo do nivel moderno. A Cidadela de Damasco está situada na esquina noroeste da Cidade Vella. A Rúa recta de Damasco (referida na conversión de San Paulo en Feitos 9:11), tamén coñecida como a Via Recta, foi o decumanus (rúa principal leste-oeste) do Damasco romano, e estendeuse por máis de 1500 m.. Hoxe, consta da rúa de Bab Sharqi e do Souk Medhat Pasha, un mercado cuberto. A rúa Bab Sharqi está chea de pequenas tendas e conduce ao antigo barrio cristián de Bab Tuma (Porta de Santo Tomás). Medhat Pasha Souq é tamén un mercado principal en Damasco e foi nomeado por Midhat Pasha, o gobernador otomán de Siria que renovou o Souk. Ao final da rúa Bab Sharqi, atópase a casa de Ananias, unha capela subterránea que foi a bodega da casa de Ananias de Damasco. A Mesquita Umaiada, tamén coñecida como a Gran Mesquita de Damasco, é unha das maiores mesquitas do mundo e tamén un dos sitios máis antigos de oración continua desde o xurdimento do islam. Pódese dicir que hai un santuario na mesquita que contén o corpo de Xoán o Bautista. O Mausoleo de Saladino onde se enterrou Saladino está situado nos xardíns xusto fóra da mesquita. A Mesquita Sayyidah Ruqayya, o santuario da filla máis nova de Husayn ibn Ali, tamén se pode atopar preto da mesquita omeia. O antigo distrito de Amara está tamén a unha curta distancia a partir destes sitios. Outro sitio fortemente visitado é a mesquita Sayyidah Zaynab, onde se atopa a tumba de Zaynab bint Ali.
Zocos e caravasares miniatura|Zoco Al-Hamidiyah Zoco Al-Hamidiyah, construído (1780-1884) durante o reinado do sultán Abdul Hamid I, o máis grande e central zoco en Siria, situado dentro da antiga cidade amurallada de Damasco xunto á Cidadela de Damasco. O zoco ten uns 600 metros de longo e 15 metros de largoe, e está cuberto por un arco metálico de 10 metros de altura. Zoco Midhat Pasha, chamado así polo entón gobernador otomán de Siria (e despois Gran Visir) Midhat Pasha. Zoco Al-Buzuriyah, 152 m, de lonxitude. Khan al-Harir, completado en 1574. Caravasar Jaqmaq, completado en 1420. Caravasar As'ad Pasha, completado en 1752, cubrindo unha superficie de 2.500 metros cadrados. Situado ao longo de Al-Buzuriyah Souq, foi construído e camado así por As'ad Pasha al-Azm. Caravasar Sulayman Pasha, completado en 1736, chamado así por Sulayman Pasha al-Azm.
Edificios históricos miniatura|Ruínas do templo de Xúpiter na entrada do zoco de Al-Hamidiyah miniatura|Palacio Azm Templo de Xúpiter, construído polos romanos, comezouse durante o reinado de Octavio AugustoBurns, 2005, p. 61. e completado durante o reinado de Constancio II.,Finegan, 1981, pp. 58–60. previamente un templo dedicado a Hadad-Ramman, o deus das tormentas e da choiva. Rúa recta de Damasco (), a rúa romana (Decumanus Maximus) que percorre de leste a oeste a cidade vella, de 1.500 metros de lonxitude. Cidadela de Damasco, construída en (1076–1078) e (1203–1216) polos señores da guerra turcománs Atsiz ibn Uvaq, e Al-Adil I. Nur al-Din Bimaristan, un gran bimaristan ("hospital") medieval, construído e chamado así polo sultán da dinastía Zengid [Nur ad-Din Zangi|Nur ad-Din]] en 1154. Mausoleo de Saladino, construído en 1196, o lugar de descanso e sepultura do Sultán aiúbida Saladino. Palacio Azm, construído en 1750 como residencia para o gobernador atomán de Damasco As'ad Pasha al-Azm. Maktab Anbar, unha mansión privada xudía de mediados do século XIX, restaurada polo Ministerio de Cultura en 1976 para servir como biblioteca, centro de exposicións, museo e obradoiro. Beit al-Mamlouka, unha cas damascena do século XVII, funciona como hotel boutique de luxo dentro da cidade antiga desde 2005.
Madrasas Madrasa de Al-Adiliyah, unha madrasa do século XIII. Madrasa de Al-Fathiyah, construído en 1743 por un funcionario otomán chamado Fethi Al-Defterdar. Madrasa de Al-Mujahidiyah, construída en 1141 polo gobernador de Burid Mujahid al-Din bin Bazán bin Yammin al-Kurdu. Madrasa de Al-Qilijiyah, creada en 1254. Madrasa de Al-Salimiyah, madrasa do século XVI. Madrasa de Al-Sibaiyah, creada en 1515. Biblioteca de Al-Zahiriyah, creada en 1277, tomando o seu nome do seu fundador o Sultan Baibars. Madrasa de Nur al-Din, construída en 1167 por Nūr ad-Dīn Zangī.
Portas A parte antiga da cidade está rodeada por grosos muros de 4´5 quilómetros de lonxitude, horadada por sete portas históricos, a oitava porta engadíuse posteriormente polos musulmáns. Estes son, no sentido horario desde o lado nordés: Bab Tuma (Porta de Tomás), dedicada a Venus. Bab Sharqi (Porta do leste), dedicada ao Sol. Bab Kisan (Porta Kisan), dedicada a Saturno. Bab al-Saghir (tamén chamado "Goristan-e-Ghariban"), dedicado a Xúpiter. Bab al-Jabiyah (Porta do bebedoiro), dedicado a Marte. Bab al-Faradis (Porta do Paraiso), dedicada a Mercurio. Bab al-Salam (Porta da Paz), dedicada á Lúa. Bab al-Faraj (Porta da Liberación), unha porta que construída de novo logo da conquista musulmá do Levante.
Baños turcos
A presenza de baños públicos (ḥammāms) en Damasco comezou durante a era de Omeia, mentres que algúns historiadores os datan ná época romana. Os baños de Damasco mencíonanse por unha serie de historiadores de Damasco, como Ibn 'Asakir (1106-1175 AD) no seu famoso libro "A Historia de Damasco". No seu libro, Ibn 'Asakir cita 77 de baños que funcionaban nesa época dentro da cidade. O historiador Ibn Shaddad contaba 114 baños localizados en Damasco no 1250 d. C.
O número destes baños aumentou a 365 durante a época do Imperio Otomán, despois diminuíu drasticamente ata quedar en 60 baños a finais do século XIX. Hoxe en día, con todo, o número de baños en pleno funcionamento é apenas de 20, o máis famoso deles é o baño "Nour al-Din al-Shahid" no Al-Buzuriyah Souq.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Siria Categoría:Patrimonio da Humanidade en perigo Categoría:Distritos históricos