Maurizio Cheli, nado en Zocca (provincia de Módena) o 4 de maio de 1959, é un astronauta italiano que formou parte da misión STS-75. Pasou un total de 15,74 días no espazo.
Traxectoria É graduado en Ciencias Aeronáuticas pola Academia da Forza Aérea de Italia en 1982 e pola Facultade Bélica da Forza Aérea Italiana en 1987. Graduouse tamén como piloto de probas pola Escola Imperial de Pilotos de Proba en 1988 e fixo un máster en enxeñería aeroespacial pola Universidade de Houston en 1994, así como un máster en Ciencias Políticas pola Universidade de Torino en 2004 e Administración de Empresas pola ESCP-EAP de París en 2007.
Foi seleccionado pola ESA como membro do segundo grupo de astronautas europeos en xuño de 1992. Quedou cualificado como astronauta en 1993 para voos no transbordador espacial despois dun ano de adestramento. Participou na misión STS-75, pasando no espazo un total de 15,74 días. Despois proseguiu a súa carreira sendo nomeado xefe de pilotos de proba por Alenia Aeronautica en Torino, participando no desenvolvemento do Eurofighter Typhoon e noutros programas da compañía. Participou como piloto de demostración nas mostras aéreas de París de 1997, 1999, 2001, 2003 e 2005. En decembro de 2007 foi nomeado director de desenvolvemento operativo de Alenia Aeronautica.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-75
Categoría:Astronautas de Italia Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados na provincia de Módena