Consuelo Alba Digón, nada en Vilarello (Cervantes) en 1887, foi unha guerrilleira antifascista galega.

Traxectoria Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o seu home Juan Gutiérrez Santín foi sacado da casa por falanxistas o 20 de agosto e asasinado. Consuelo sufriu requisas. Foi detida por primeira vez en 1939 pola busca dos seus fillos, Abelardo e Jovino, militantes da CNT, que marcharan combater a Asturias logo de producirse o golpe. A presión á que foi sometida fixo que se acabase botando ao monte, uníndose á partida do seu fillo Abelardo, igual que as súas fillas Florinda e Domitila Gutiérrez Alba. Foi detida en novembro de 1939 e ingresou no Campo de concentración de Figueres. En 1945 foi procesada cos seus fillos Abelardo, Jovino e Domitila no sumario 180/1945 polo delito de agresión a forza pública, facéndose requisitoria para que se presentase.La Voz de Galicia, 6-7-1945, p. 3. Logo dunha breve estadía en Barcelona co seu fillo Baldomero, exiliouse en Francia.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados en Cervantes Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes