Alfonso Román, nado en Vigo no ano 1970, é un guitarrista, vocalista e compositor galego."Produtora dos discos autoeditados de Fon Román""Ano de nacemento. Fon Román""Información pública, Fon Román. MARCO"
Traxectoria Fon Román comeza a súa carreira musical coa banda rock galega Los Piratas, integrada por Iván Ferreiro, Paco Serén, Pablo Álvarez e Hall 9000.
Tras a separación de Los Piratas formou Trash of Dreams dúo con produtor de Los Piratas Suso Saiz. Un proxecto de música minimalista e experimental onde tiña responsabilidades como compositor e guitarrista.
En 2006 estrea o seu primeiro traballo en solitario, Silencio cómodo en un jardín descuidado (Subterfuge), un álbum con 11 cancións.
En 2011 publica o seu segundo en solitario Entretelas (Pequeñas Iluminaciones/PIAS). Traballo de pop clásico.
POPartesanal foi un proxecto adicado á xira en directo co traballo de Román, comezando no Teatro Lara de Madrid, e continuando no norte da península desde Barcelona a Vigo includindo para o evento talleres de artesáns, unha bodega rioxana ou un taller de restauración.
A xira foi recollida nun documental homónimo."POPartesanal"
Álbums *Silencio cómodo en un jardín descuidado(2006)CD*Entretelas(2011)CD
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Fon Román, Vigopolis Fon Román, La Fonoteca
Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1970