Julio Guillén Biel ou Julián Sergio Guillén Biel,Así aparece nalgunhas fontes. nado en Vigo cara a 1910 e finado en Cabral o 21 de setembro de 1940, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Electricista en Coruxo. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi membro do grupo dos irmáns Rogelio e José García Morales, os Maletas, que actuaban na comarca de Vigo dende 1938. Foi reclamado polo xuíz militar de Vigo en agosto de 1937 xunto co seu irmán Vicente, procesados na causa 373/37 por rebelión militar e insulto a forza armada. Xulgados en Vigo, foron declarados en rebeldía.Requisitoria en El Pueblo Gallego, 8-8-1937, p. 4. En 1939 presentouse ao gobernador civil de Pontevedra Manuel Gómez Cantos,El Pueblo Gallego, 5-5-1939, p. 8.El Pueblo Gallego, 1-6-1939, p. 2. pero fuxiu novamente ao saber que ía ser detido. Foi acusado da morte do garda xurado Manuel Pereiro Bernárdez con José García Morales, Ramón Pereira Antelo e José Luís Quintas Figueroa.El Pueblo Gallego, 21-9-1940, p. 2. Cando a desfeita do grupo dos Maletas era evidente, foi delatado por tres compañeiros, Guillermo Santos Caride "Quique", Manuel Rodríguez Fernández "O Coxo de Cabral" e Delmiro Barreiro Cubeiro. Morreu nun enfrontamento coa Garda Civil en Cabral o 21 de setembro de 1940, ao parecer suicidouse. Na mesma acción foi detido o seu compañeiro guerrilleiro Jesús Lago González "Petrillas".
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas A primeira guerrilla antifranquista galega (1936-1939): un esforzo malogrado .
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Finados en 1940
Categoría:Nados en 1910 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos