O voo 845/26 de Pan Am era un servizo entre o aeroporto de Seattle-Tacoma e Sydney, Australia, con escalas en Portland e Honolulu. O día 26 de marzo de 1955 o Boeing 377 Stratocruiser que operaba a segunda parte do voo, chamado Clipper United States e con rexistro N1032V, perdeu o motor número 3 en voo a uns 56 km da costa de Oregón causando a perda de control. O avión tivo que amarar no océano Pacífico.
O avión flotou durante vinte minutos antes de afundirse a 1 600 metros de profundidade. Unhas dúas horas despois de que o avión amarase, o transporte de ataque da Armada dos Estados Unidos USS Bayfield (APA-33) chegou ao lugar e rescatou os 19 superviventes. Catro persoas morreron no accidente.
A causa probable probable foi o fallo da hélice do motor 3 que causou que o motor se soltase e o aparello se volvese incontrolable.
A experiencia axudou a evitar vítimas mortais noutra amaraxe no ano seguinte, cando o voo 6 de Pan Am amarou entre Honolulu e San Francisco.
Notas
Pan Am 0845 Pan Am Pan Am