Achatinella apexfulva é unha especie extinta de caracol pulmonado e arborícola da familia Achatinellidae da orde dos Stylommatophora, que outrora viviu na illa de Oahu, en Hawai. A. apexfulva era a especie tipo do xénero Achatinella. O nome específico, "apexfulva", quere dicir "punta amarela", en referencia á punta amarela da cuncha do caracol.

esquerda|miniatura|Cunchas de Achatinella apexfulva.

Distribución A especie era endémica das selvas da illa de Oahu no arquipélago hawaiano, nos Estados Unidos, mais está extinta en liberdade. En abril de 2011, confirmouse que a especie quedara reducida a un único exemplar en catividade.Thom van Dooren (2013) "The last snail: conservation and extinction in Hawai’i" 28 de febreiro de 2013. Consultado o 8 de xaneiro de 2016. A principal causa do esmorecemento da poboación foi a depredación doutro caracol da especie Euglandina rosea, unha especie orixinaria de América Central que foi introducida en Hawai na década de 1950 para controlar as pragas agrícolas. Foi a causa da extinción de polo menos 8 tipos de caracois en Hawai.Kurt Auffenberg & Lionel A. Stange (novembro de 2001). "Snail-eating snails of Florida, Gastropoda". University of Florida. EENY251. Consultado o 7 de outubro de 2012.

En xaneiro de 2019, confirmouse a morte do derradeiro membro da especie, un exemplar de 14 anos chamado George. Malia que en xaneiro de 2019 o status de conservación da IUCN aínda mantiña a consideración de en perigo crítico, está considerado extinto.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Especies en perigo crítico de extinción Categoría:Animais descritos en 1789 Categoría:Moluscos de Hawai Categoría:Fauna endémica de Hawai