O voo 409 de United Airlines era un servizo regular entre Nova York e San Francisco, con escalas en Chicago, Denver e Salt Lake City. O día 6 de outubro de 1955 o Douglas DC-4 que operaba a ruta, con rexistro N30062, esnafrouse no Medicine Bow Peak, preto de Laramie (Wyoming), matando as 66 persoas a bordo (63 pasaxeiros e 3 tripulantes). Entre as vítimas había cinco mulleres membros do Mormon Tabernacle Choir e persoal militar. Na época foi o accidente aéreo con máis vítimas mortais na historia da aviación comercial estadounidense. A principios dese ano, o 22 de marzo, perdéranse outras 66 vidas en Hawai no accidente dun transporte militar Douglas R6D-1 Liftmaster da Armada, e tamén morreron outras 66 persoas na colisión no aire de dous Fairchild C-119 Flying Boxcar da Forza Aérea dos Estados Unidos na República Federal Alemá o 11 de agosto, sendo os tres peores accidentes de aviación do ano 1955.
Notas
United Airlines Categoría:Accidentes e incidentes de United Airlines Categoría:Accidentes e incidentes de Douglas DC-4 Categoría:Accidentes e incidentes aéreos en 1955