Eleuterio Luaña Fernández, nado en Logrosa (Negreira) en 1913 e finado en xullo de 1937, foi un escritor e político galego.
Traxectoria
Alumno nas clases particulares de Manuel Guzmán Lamas. Aos dez anos entrou no Seminario diocesano de San Martiño Pinario. Alí aprendeu Filosofía e Teoloxía. En 1931 abandonou a vocación sacerdotal, e xa enfermo, volveu á súa aldea natal. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado concelleiro de Negreira, permanecendo no cargo até a súa morte. Publicou poemas na revista Vida Gallega e en El Eco Franciscano (co pseudónimo Añual). Os temas da súa obra son a enfermidade, o amor á xente e a Galicia, e un agarimo á paisaxe e á vida cotiá de Logrosa.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Concelleiros de Negreira Categoría:Nados en Negreira Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos