Mickey's Christmas Carol é un filme estadounidense de animación de 1983 producido por Walt Disney Productions e estreado por Buena Vista Distribution. Foi dirixido e producido por Burny Mattinson. A curtametraxe baséase na obra de Charles Dickens, Un conto de Nadal, protagonizada por Scrooge McDuck como Ebenezer Scrooge. Moitas outras personaxes de Disney, principalmente do universo de Mickey Mouse, Robin Hood e The Adventures of Ichabod and Mr. Toad, tamén aparecen no filme.

O filme foi nomeado ó Oscar á mellor curtametraxe animada na 56ª edición dos premios, mais perdeu fronte a Sundae in New York.Short Film Oscar® Winners in 1984-YouTube Foi o primeiro nomeamento para unha curtametraxe de Mickey Mouse dende Mickey and the Seal (1948). Foi tamén a única curtametraxe de Mickey Mouse na que John Lasseter traballou como animador (posteriormente traballou para Lucasfilm, Pixar Animation Studios e Walt Disney Animation Studios).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Filmes de 1983 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Burny Mattinson