Rosalía Vila Tobella, nada en Sant Esteve Sesrovires (provincia de Barcelona) o 25 de setembro de 1992, máis coñecida como Rosalía, é unha cantante e actriz española.
En 2018, converteuse na española con máis premios Grammy Latinos por un único traballo. A súa canción «Malamente», con raíces flamencas e fusión urbana, obtivo cinco nomeamentos dos cales conseguiu dous galardóns.
Traxectoria
Comezos Nada en Sant Esteve Sesrovires, seus avós paternos eran un galego e unha onubense, mentres que seu pai naceu en Cudillero, Asturias, e súa nai é catalá.
Comezou na música a cantar con sete anos, animada por seu pai. Aos dez anos comezou a especializarse na música, concentrándose plenamente nela con trece. Estudou na Escola Superior de Música de Cataluña onde recibiu clases de Chiqui de La Línea, un profesor de flamenco que só aceptaba un alumno por ano.
Aos 15 anos preséntase ao programa televisivo Tú sí que vales aínda que non foi seleccionada. Traballou a dúo con Juan Gómez "Chicuelo" no Festival internacional de Cine de Panamá no 2013, e no Festival Grec de Barcelona para a obra de baile contemporáneo De Carmen. En 2013 participou na Association of Performing Arts Professionals (APAP) Conference en Nova York e foi a voz solista na obra de culminación "Año Espriu 2014" no Palacio da Música.
En 2015 colaborou con La Fura dels Baus nun espectáculo estreado en Singapur. Foi abreconcertos de Miguel Poveda, acompañada por Alfredo Lagos, no Festival internacional de música de Cadaqués, e tamén estivo no Festival de Xerez da Fronteira de 2016.
Traballou con Rocío Márquez na presentación do seu disco El niño no festival Primavera Sound en 2015.
Los Ángeles (2016-2017) En 2016, estreou o seu primeiro videoclip "Catalina", no entanto foi borrado e publicado de novo a comezos de 2017. En febreiro de 2017 publicou o seu primeiro álbum Los Ángeles, un proxecto conxunto co produtor e músico Raül Refree, co que comezou a darse a coñecer no panorama musical español e latino, sendo nomeada á mellor artista nova nos Premios Grammy Latinos 2017 e considerado por diferentes medios de comunicación como un dos mellores discos do ano.
En maio de 2017, publicou "De plata" na plataforma de YouTube, pertencente ao seu álbum debut. En novembro de 2017 saca, xunto a Raül Refree, o sinxelo "Aunque es de noche", versión dunha canción de Enrique Morente.
El mal querer (2018) miniatura|Rosalía xunto a Raül Refree nun concerto en Madrid (2017). En 2018, tras estrear unha serie de vídeos no seu canal de YouTube, presentou o seu novo proxecto discográfico titulado El mal querer, o cal é coproducido xunto a El Guincho, que tamén participa na composición dalgúns temas.
El mal querer xorde como a súa "tese", o seu "proxecto de final de carreira" para completar o Título Superior de Flamenco na Escola Superior de Música de Cataluña. Ela mesma refire que "pensaba en desenvolver sobre todo un concepto de directo partindo dun marco flamenco, pero que non tivera nada que ver con un espectáculo tradicional de flamenco". Presentado como álbum experimental e conceptual, que xira arredor dunha relación tóxica, inspírase nunha novela anónima en occitano do século XIII titulada Flamenca. O 30 de maio de 2018, estreou o seu primeiro sinxelo deste segundo disco titulado "Malamente" . O 24 de xullo estreou o segundo sinxelo, "Pienso en tu mirá". Finalmente durante o mes de agosto Rosalía anunciou mediante as súas redes sociais e dende un anuncio en Times Square que o álbum se publicaría o 2 de novembro de 2018.
O 29 de outubro de 2018, a cantante anunciou a publicación do seu terceiro sinxelo do albúm, "Di mi nombre", composto en base a melodías tradicionais de tangos da Repompa de Málaga e un vídeo inspirado en La maja vestida de Francisco de Goya, que se estreou o 30 de outubro de 2018. O 31 de outubro fixo un concerto gratuíto, patrocinado por Red Bull na Praza de Colón (Madrid), onde presentou aos asistentes o seu novo álbum dous días antes da súa publicación.
En 2018 actuou tamén no Starlite Festival, en Hollywood Bowl, en LOS40 Music Awards, nos MTV EMA (MTV European Music Awards) e nos Grammy Latinos, entre outros lugares.
O 2 de novembro finalmente publicou o seu álbum ao completo en diversas plataformas dixitais. O 4 de decembro estreou o videoclip de "Bagdad" capítulo 7 do álbum, onde samplea parte da melodía de "Cry Me A River", de Justin Timberlake.
Durante ese mesmo ano produciuse unha polémica, sobre todo nas redes sociais, cando unha usuaria xitana de Twitter, Noelia Cortés, criticou o uso de elementos da cultura xitana como o flamenco ou a fala con acento andaluz cando ela nin é andaluza nin xitana, nin viviu en Andalucía e lle achacaba unha "apropiación cultural" na que se pretende lanzar un produto asimilable polo mercado cultural.
2019 O 22 de xaneiro publicou o videoclip de "De Aquí No Sales" capítulo 4 do álbum El mal querer. Rodado na paisaxe quijotesca dos muíños de Álcazar de San Juan. En febreiro participou no Premios Goya interpretando unha versión da canción "Me quedo contigo" de Los Chunguitos, acompañada polo Cor Jove de l´Orfeó Catalá. O 28 de marzo publicou o videoclip de "Con Altura" (sinxelo a parte de El mal querer) xunto con J Balvin e en colaboración con El Guincho (coprodutor de El mal querer).
2022 En 2022 publicou Motomami, un disco con tendencias de música flamenca, urbana e electrónica. Rosalía consagrouse como unha artista internacional cun gran rexistro de voz. Levou o disco por unha xira mundial.
2025 En 2025 publicou nas súas redes socias a estrea do disco Lux, inspirado polo misticismo femenino. O novo sinxelo, "Berghain", inclúe unha colaboración de Björk e Yves Tumor. Rosalía canta cun rexistro de soprano, acompañada da London Symphony Orchestra.
Discografía
Álbums
2017: Los Ángeles, con Raül Refree 2018: El mal querer 2022: Motomami 2025: Lux
Sinxelos
2016: "Catalina" 2017: "Aunque es de noche", producida por Raül Refree, composta por Enrique Morente e baseada nun poema de San Xoán da Cruz 2019: "Con Altura", feat J Balvin e El Guincho 2025: "Berghain", feat Björk e Yves Tumor
Sinxelos promocionais
2018: «Malamente - Cap.1: Augurio», producida por El Guincho e Rosalía, vídeo musical dirixido e producido por CANADA 2018: «Pienso en tu mirá - Cap.3: Celos», producida por El Guincho e Rosalía, vídeo musical dirixido e producido por CANADA 2018: «Di mi nombre - Cap.8: Éxtasis», producida por El Guincho e Rosalía, vídeo musical producido por CAVIAR e dirixido por Henry Scholfield. 2018: «Bagdad - Cap.7: Liturgia», producida por El Guincho y Rosalía, vídeo musical producido por DIVISION e dirixido por Helmi. 2019: «De aquí no sales- Cap.4: Disputa», producida por El Guincho e Rosalía, vídeo musical producido por O Creative Studio e dirixido por Diana Kunst e Mau Morgo.
Colaboracións
Antes de morirme C. Tangana e Rosalía (2016) Llámame más tarde, C. Tangana e Rosalía (2016) Con la peña. Cálido Lehamo, Rosalía e Space Out Family (2017) Retsu, Dj Swet, Foyone, Ihon e Rosalía (2017) Un largo viaje, Fernando Vacas, Lín Cortés, Rosalía e Vallellano & The Royal Gipsy Orchestra (2018) Brillo, J Balvin e Rosalía (2018) Ay, Paquita, banda sonora da serie de Netflix, Paquita Salas (2018) Con Altura J Balvin, El Guincho e Rosalía (2019) Barefoot In The Park James Blake e Rosalía (2019) Me Traicionaste, A. Chal e Rosalía (2019) Linda. Rosalía e Tokischa (2021) La combi versace. Rosalía e Tokischa (2022)
Filmografía
Dolor y gloria (Pedro Almodóvar, 2019)
Premios e recoñecementos
Premios Grammy Latino AnoCategoríaTraballoResultado2018Gravación do ano"Malamente"NomeadaCanción do anoNomeadaMellor fusión/interpretación urbanaGañadoraMellor canción alternativaGañadoraMellor vídeo musical versión curtaNomeada2017Mellor novo artistaNomeada
MTV Europe Music Awards AnoCategoríaTraballoResultado2018Mellor artista españolNomeada
Outros
Premio Ruido 2019, polo disco El mal querer que o recoñece como o mellor disco editado en 2018.
El Ojo Crítico de RNE, Premio El Ojo Crítico de Música Moderna 2017 Premio Ruido de la Prensa, premio ao mellor disco español de 2017 Glamour, premio á artista do ano 2017 Rockdelux, mellor vídeo, mellor disco, mellor artista de 2017 Timeout, premio ao mellor disco de 2017 ABC, mellor disco nacional de 2017
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web
Categoría:Nados na provincia de Barcelona Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1993 Categoría:Españois de ascendencia galega Categoría:Cantaores e cantaoras Categoría:Cantantes de Cataluña