O Ateles hybridus é un primate platirrino neotropical residente en Colombia e Venezuela, pertencente ó xénero Ateles. A especie atópase actualmente en perigo crítico de extinción. Caracterízase por ser un primate non moi pequeno cunha cola prénsil moi longa, a cal utiliza como apoio para trasladarse dun sitio a outro nas pólas das árbores, algunhas veces adoita baixar até o nivel do chan, é un animal que non foxe á presenza humana se non se mostra ningunha agresión.

A súa historia taxonómica foi confusa, pois no pasado clasificouse como unha subespecie de Ateles geoffroyi ou de Ateles belzebuth.Emmons, L. H. (1997). Neotropical Rainforest Animals. 2nd edition. Pp. 144. ISBN 0-226-20719-6 Como os demais monos araña, posúe brazos moi longos e delgados, e unha cola elongada e prénsil. Ten o ventre esbrancuxado e un parche na fronte, e en ocasións os ollos azuis, un carácter moi infrecuente nos monos araña.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Primates Categoría:Animais descritos en 1829 Categoría:Mamíferos de Colombia Categoría:Mamíferos de Venezuela