Juan Marey Díaz, nado en Lugo en 1915 e finado na Reborica (Aranga) o 21 de outubro de 1936,En El Progreso apareceu publicada a súa necrolóxica o 27-10-1936, p. 5. foi un político galego.
Traxectoria Directivo do PSOE de Lugo, participou nos mitins da campaña das eleccións de febreiro de 1936.El Pueblo Gallego, 13-2-1936, p. 6. Foi elixido presidente das Juventudes Socialistas Unificadas da provincia de Lugo en xullo de 1936.El Progreso, 15-7-1936, p. 6. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 21 de xullo. Sacado da prisión o 21 de outubro, foi paseado no monte da Reborica (Aranga). Foi inscrito coma descoñecido o 24 de outubro de 1936. En 1937 foi recoñecido polo seu pai.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo
Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos