Chiara Vigo, nada en Calasetta (illa de Sant'Antìoco) o 1 de febreiro de 1955, é unha tecelá e artesá italiana, coñecida por ser a última das mestras na arte de traballar o biso, unha fibra que provén do molusco Pinna nobilis.
Traxectoria Chiara Vigo aprendeu o seu oficio da súa avoa, xa que é un saber que na súa familia se transmite por liña materna. Cando tiña 27 anos fixo o xuramento da auga, polo que se comprometía a non sacar un beneficio económico do traballo do biso.
Recoñecementos
En 2017 foi premiada co Artisanal Laureate Award, nos premios Green Carpet Fashion Awards.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Museo do Biso en Sant'Antìoco Reportaxe sobre Chiara Vigo e o traballo do biso
Categoría:Nados en Sardeña Categoría:Nados en 1955 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Artesáns