O escudo de Bolivia é o símbolo nacional de Bolivia, empregado polo Estado boliviano e as demais institucións públicas do país. A súa actual versión, foi aprobada o 19 de xullo de 2004.
Modificacións de 2004 O actual Escudo Nacional de Bolivia foi regulamentado oficialmente polo decreto 27630 aprobado polo Presidente Carlos Mesa e os ministros de goberno o día 19 de xullo de 2004. No mesmo detállanse con maior rigor proporcións e cores do escudo xa existente pero tamén se definiron algúns cambios nos elementos que o compoñen.
Entre os cambios do novo escudo, están:
A alpaca substituíuse pola llama A árbore de pan Artocarpus altilis substituíuse pola Palmeira Janchi Coco ou Zanca Palma A denominación da "machada incásica" foi cambiada por só machada
Ó escudo agregáronselle os seguintes elementos:
O Cerro Menor, en fronte do Cerro Rico A Capela do Sacro Corazón de Jesús sobre o Cerro Menor.
Notas
Categoría:Símbolos de Bolivia Bolivia