Sergei Aleksandrovich Belov (en ), nado en Nashchyokovo (Distrito de Shegarsky, óblast de Tomsk) o 23 de xaneiro de 1944 e finado en Perm o 3 de outubro de 2013 foi un xogador de baloncesto profesional, coñecido por xogar no CSKA Moscova e na selección nacional de baloncesto da Unión Soviética. Está considerado un dos mellores xogadores europeos de todos os tempos, e foi un dos escollidos para acender o facho olímpico durante a cerimonia inaugural dos Xogos Olímpicos de 1980 en Moscova.
En 1991, Belov foi nomeado o mellor xogador de todos os tempos pola FIBA.Sergei Belov FIBA Profile. Fibaeurope.com (9 de setembro de 1972). Consultado o 2 de novembro de 2011. Foi o primeiro xogador internacional incluído no Naismith Memorial Basketball Hall of Fame o 11 de maio de 1992. Tamén foi incluído no FIBA Hall of Fame en 2007FIBA Hall of Fame page on Belov . Halloffame.fiba.com. Consultado o 2 de novembro de 2011. e foi nomeado un dos 50 maiores contribuidores da Euroliga en 2008.
Traxectoria Sergei Belov naceu en Nashchyokovo.Grande Enciclopedia Rusa (2005), Moscova: Bolshaya Rossiyskaya Entsiklopediya Publisher, vol. 3, p. 227. En 1968, recibiu o mestrado de honra en deportes da URSS. En 1995 converteuse en adestrador de honra e serviu como presidente da Federación de Baloncesto de Rusia (1993–98).
Club playing career 120px|miniatura|Belov encendendo o facho olímpico durante a cerimonia de apertura dos 22.º Xogos Olímpicos en Moscova, 1980 Aos vinte anos, Belov debutou na Liga da URSS co Uralmash Sverdlovsk, onde xogou entre 1964 e 1967. Xogou entón co CSKA Moscova durante doce anos. Co CSKA, gañou o campionato de liga da URSS once veces (1969, 1970, 1971, 1972, 1973, 1974, 1976, 1977, 1978, 1979, 1980), a copa da URSS dúas (1972, 1973) e a EuroLeague dúas, en 1969 e 1971.
Carreira na selección nacional Como membro da selección nacional de baloncesto da Unión Soviética durante case catorce anos (1967–1980), Belov axudou a gañar a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1972 e as de bronce en 1968, 1976 e 1980. Tamén colaborou nos campionatos da copa do mundo da FIBA en 1967 e 1974, e o EuroBasket en 1967, 1969, 1971 e 1979. Tamén gañou a Universíada de Verán en 1970.
Na final dos Xogos Olímpicos de 1972, Belov marcou 20 puntos contra a selección nacional de baloncesto dos Estados Unidos de América, vencendo finalmente a Unión Soviética con polémica por 51–50, levando a medalla de ouro.
Adestrador Belov foi adestrador do CSKA Moscova, co que gañou o campionato de liga soviético en 1982 e 1990. Tamén foi adestrador do Ural Great Perm, co que gañou o campionato de Rusia en 2001 e 2002, a copa de Rusia en 2004 e a North European League en 2001.
Como adestrador da selección nacional de baloncesto de Rusia gañou medallas de prata nos campionatos do mundo da FIBA de 1994 e 1998 e a medalla de bronce do EuroBasket 1997.
Falecemento Sergei Aleksandrovich Belov faleceu o 3 de outubro de 2013 en Perm, Rusia.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Euroleague.net Article On Belov Euroleague.net 50 Greatest Contributors Profile
Interbasket.net Profile FIBA.com Profile
Categoría:Nados no óblast de Tomsk Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Xogadores de baloncesto de Rusia Categoría:Xogadores do PBC CSKA Moscova Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Medallistas olímpicos de ouro pola Unión Soviética Categoría:Medallistas olímpicos de bronce pola Unión Soviética Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1968 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1972 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1976 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1980 Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos da Unión Soviética Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1968 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1972 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1976 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1980 Categoría:Adestradores de baloncesto da Unión Soviética Categoría:Adestradores de baloncesto de Rusia Categoría:Adestradores do PBC CSKA Moscova