Galiza Contrainfo foi un medio de comunicación comunitario galego de contrainformación, alternativo, autoxerido* e sen ánimo de lucro cuxos inicios datan de febreiro de 2010, aínda que o seu primeiro vídeo é de 2013. Cesou en 2023.
Os seus traballos son en formato fotográfico e audiovisual e difúndense principalmente a través das redes sociais, aínda que tamén o fan a través de Nós Televisión. Está centrado na gravación e difusión de acontecementos sociais como manifestacións ou protestas de temática feminista, ecoloxista ou nacionalista galega, así como na análise da situación política do momento.
En 2014 conseguiu o Premio Luceira de comunicación social, xunto a Galiza Ano Cero e a revista feminista Andaina.
En 2018 produciu o documental Un país de cinzas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Novas da Galiza
Categoría:Medios de comunicación de Galicia