María Olga Alonso Suárez, nada en Pontevedra o 12 de xullo de 1962, é unha mestra, política e sindicalista galega. miniatura| Traxectoria Diplomada en maxisterio, exerceu como profesora de educación primaria dende 1984. Militante da UXT e parte da súa executiva comarcal en Vigo dende 1991, foi a súa secretaria xeral entre 2007 e 2009. No ano 2013 entrou polo PSdeG como concelleira non electa"El PSdeG avanza en sus listas con Pilar Cancela por A Coruña y Olga Alonso por Pontevedra". La Voz de Galicia, 7 de marzo de 2019. na corporación municipal de Vigo, posición na que se mantivo só uns meses, volvendo ao concello logo das eleccións municipais de 2015. Encabezou as listas do PSdeG ao Congreso dos Deputados na provincia de Pontevedra nas Eleccións Xerais de abril de 2019 en España. Repetiu candidatura nas Xerais de novembro de 2019.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas Ficha na páxina web do Congreso dos Deputados
Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Sindicalistas de UGT Galicia Categoría:Nados en 1962 Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra Categoría:Nados en Vigo Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura)