O deserto dos tártaros (en ) é unha novela do autor italiano Dino Buzzati publicada en 1940. A novela conta a historia dun oficial novo, Giovanni Drogo, e a súa vida como gardián da fortaleza Bastiani, unha vella e mal mantida fortaleza fronteiriza. A novela foi clasificada no posto 29 dos 100 libros do século segundo Le Monde.
Foi traducido ó galego por Xavier Rodríguez Baixeras e foi publicado por Edicións Xerais no ano 1991, na colección Grandes do noso tempo. No ano 1992, a tradución gañou o Premio Ramón Cabanillas de Tradución.
Adaptación En 1976, a novela foi adaptado no filme Il deserto dei Tartari, dirixido por Valerio Zurlini e protagonizado por Jacques Perrin no papel de Drogo, xunto con Max von Sydow como Ortiz e Vittorio Gassman como Filimore. O filme omite certas partes da novela, especialmente aquelas relacionas coas vidas dos amigos de Drogo na súa vila natal.
Notas
Categoría:Obras literarias de 1940 Categoría:Novelas en italiano Categoría:Obras traducidas do italiano ao galego