Élite (estilizado como ÉLITƎ) é unha serie web española de suspense adolescente creada e escrita por Carlos Montero e Darío Madrona e dirixida por Ramón Salazar e Dani de la Orden para Netflix. A serie conta cun elenco composto por Miguel Herrán, Aron Piper, Mina El Hammani, Omar Ayuso, María Pedraza, Itzan Escamilla, entre outros, que interpretan os estudantes dun instituto de elite e os seus amigos. A primeira tempada foi estreada en Netflix o 5 de outubro de 2018. O 17 de outubro dese mesmo ano, Netflix renovou a serie para unha segunda tempada, que se estreou o 6 de setembro de 2019. A serie foi renovada para unha terceira tempada antes da estrea da segunda.

Sinopse A serie segue a vida de tres novos estudantes que recibiron unha bolsa para estudar en "Las Encinas", un instituto prestixioso de España, tras o derrubamento que sufriu o seu anterior instituto. A chegada de Samuel, Nadia e Christian non será nada fácil, pois os estudantes que se atopan en devandito instituto non lles farán a vida sinxela. Pero entre a humillación e o acoso escolar ocorre o asasinato dun dos adolescentes, e só quedará por descubrir quen foi o asasino.

Personaxes María Pedraza como Marina Nunier Osuna, a irmá de Guzmán (tempada 1) Itzan Escamilla como Samuel García Domínguez, un dos tres estudantes transferidos que está namorado de Marina Miguel Bernardeau como Guzmán Nunier Osuna, irmán adoptado de Marina Miguel Herrán como Christian Varela Expósito, un dos tres estudantes transferidos que se sente atraído por Carla. Jaime Lorente como Fernando "Nano" García Domínguez, o irmán máis vello de Samuel que acaba de saír do cárcere Álvaro Rico como Polo, mozo de Carla Arón Piper como Ander Muñoz, o fillo do director e xogador de tenis que descobre a súa sexualidade Mina El Hammani como Nadia Shanaa, unha dos tres estudantes tranferidos, filla de emigrantes palestinos Ester Expósito como Carla Rosón Caleruega, moza de Polo Omar Ayuso como Omar Shanaa, irmán de Nadia e traficante que se namora de Ander contra os desexos de seu pai Danna Paola como Lucrecia "Lu" Montesinos Hendrich, moza de Guzmán Claudia Salas como Rebeca P. (tempada 2–presente) Georgina Amorós como Cayetana G. (tempada 2–presente) Jorge López como Valerio Montesinos Rojas, irmán de Lu (tempada 2–presente)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión iniciadas en 2018 Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión de Netflix