Constant Awashish, nado en La Tuque, no Quebec en 1981, é o xefe tribal do pobo atikamekw. Dende 2014, é o gran Xefe do Atikamekw Sipi, o consello tribal das tres nacións atikamekw. É coñecido por declarar a soberanía do seu territorio ancestral, o Nitaskinan, xunto con outros xefes atikamekw.

Traxectoria Awashish naceu La Tuque e foi criado principalmente polos seus avós maternos na reserva india de Opitciwan, no norte da rexión de Mauricie, no Quebec. Completou os seus estudos de primaria e de secundaria en La Tuque. Completou a carreira de dereito na Universidade de Ottawa, especializándose nos dereitos dos pobos indíxenas e os seus dereitos territoriais, a lexislación das entidades indíxenas e a lei corporativa.

miniatura|esquerda|Constant Awashish durante o seu xuramento como Gran Xefe do Atikamekw Sipi o 28 de setembro de 2014. Durante as eleccións do 2 de setembro de 2014, foi elixido Gran Xefe do Conseil de la Nation Atikamekw (CNA), o consello tribal que reúne as tres nacións atikamekw, sucedendo a Eva Ottawa. Como tal, tamén é o presidente da corporación do Conseil de la Nation Atikamekw.

Poucos días despois, os xefes atikamekw declararon unilateralmente a súa soberanía sobre o seu territorio ancestral, o Nitaskinan, a través dunha reclamación integral. O seu territorio abrangue 80 000 km2 ó norte de Trois-Rivières. Os atikamekw xamais cederon ou venderon o seu territorio en ningún dos tratados.

Notas

Categoría:Alumnos da Universidade de Ottawa Categoría:Nados en 1981 Categoría:Pobo atikamekw