Kamala Surayya (en ), nada como Kamala o 31 de marzo de 1934 e finada o 31 de maio de 2009, foi unha escritora india popularmente coñecida co nome Madhavikutty ou co nome de casada Kamala Das. Foi unha poeta en inglés e un dos principais autores en lingua malaiala de Kerala, India. A súa popularidade en Kerala baséase nas súas historias curtas e na súa autobiografía, mentres que a súa obra en inglés, escrita baixo o nome de Kamala Das, salienta polos seus poemas e pola súa autobiografía explícita. Tamén foi columnista en xornais e escribiu sobre diferentes temas, como a situación das mulleres, o coidado dos nenos ou a política.
O seu tratamento aberto e honesto da sexualidade feminina, libre e sen sentido de culpabilidade, animouna a escribir mais tamén a marcou como unha iconoclast da súa xeración. O 31 de maio de 2009, con 75 anos, morreu nun hospital de Pune.
Traxectoria Naceu no seo dunha familia hindú conservadora (Nalapat) con devanceiros na realeza. Converteuse ó islam o 11 de decembro de 1999, con 65 anos e adotou o nome de Kamala Surayya.
Obras Inglés Novela 1976: Alphabet of Lust
Autobiografía 1976: My Story
Historias curtas 1977: A Doll for the Child Prostitute 1992: Padmavati the Harlot and Other Stories
Poesía 1964: The Sirens 1965: Summer in Calcutta 1967: The Descendants 1973: The Old Playhouse and Other Poems (traducido ó galego como "A vella casa de xoguetes e outras historias" por Yolanda López López) 1977: The Stranger Time 1979: Tonight, This Savage Rite (with Pritish Nandy) 1984: Collected Poems 1985: The Anamalai Poems 1997: Only the Soul Knows How to Sing 1999: My Mother At Sixty-six 2001: Yaa Allah
Malayalam 1964: Pakshiyude Manam (historias curtas) 1966: Naricheerukal Parakkumbol (historias curtas) 1968: Thanuppu (historia curta) 1982: Ente Katha (autobiografía) 1987: Balyakala Smaranakal (memorias da infancia) 1989: Varshangalkku Mumbu (novela) 1990: Palayan (novela) 1991: Neypayasam (historia curta) 1992: Dayarikkurippukal (novela) 1994: Neermathalam Pootha Kalam (novela) 1996: Kadal Mayooram (novela curta) 1996: Rohini (novela curta) 1996: Rathriyude Padavinyasam (novela curta) 1996: Aattukattil (historias curtas) 1996: Chekkerunna Pakshikal (historias curtas) 1998: Nashtapetta Neelambari (historias curtas) 2005: Chandana Marangal (novela) 2005: Madhavikkuttiyude Unmakkadhakal (historias curtas) 2005: Vandikkalakal (novela)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas "From Kamala Das to Dashi: Doing the right thing for wrong reasons?" por Dr Mohammad Omar Farooq Tradución de Neypayasam
Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Escritores en lingua malaiala