O krai de Altái (en , tr.: Altaiski krai) é un dos nove krais que, xunto cos corenta e sete óblast, vinte e unha repúblicas, catro distritos autónomos e dúas cidades federais, conforman os oitenta e tres suxeitos federais de Rusia.
Xeografía miniatura|200px|O río Obi nace neste krai e fúe en dirección principalmente noroeste até entrar no óblast de Novosibirsk.
A súa capital e cidade máis poboada é Barnaúl. Está situado no distrito Siberia, limitando ao norte co óblast de Novosibirsk, ao leste co óblast de Kémerovo, ao sueste coa república de Altai e ao sur e ao oeste con Kazakhstán.
Ten unha superficie de 167 996 km². A súa altitude media é de 202 msnm, e o seu clima é continental-temperado
Nesta rexión nace o río Obi —o segundo río máis longo do país tras o Ienisei— pola confluencia dos ríos Biya e Katun, moi preto da cidade de Bisk.
Poboación No censo do 1 de xaneiro de 2018 a súa poboación era de 2 350 080 habitantes (o 1,8 % da poboación da Federación Rusa), o que facía nese ano unha densidade de poboación de 14,28 hab./km². O 53,2 % da poboación é urbana.
Etnias No censo de 2002 reflicten as seguintes porcentaxes da súa poboación: Rusos,92 %. Alemáns, 3 %. Ucraínos, 2 %. Kazakos, 0,4 % Tártaros, 0,35 % Belarusos, 0,32 % Armenios e xentes doutras nacionalidades, 0,31 %.
Galería
Véxase tamén
Outros artigos Subdivisións de Rusia Krais de Rusia República de Altai
Categoría:Krais de Rusia Categoría:Siberia