Edward R. "Ed" Murrow, nado como Egbert Roscoe Murrow no condado de Guilford o 25 de abril de 1908 e finado en Pawling o 27 de abril de 1965, foi un xornalista estadounidense. Traballou como locutor de noticias para a CBS na radio e na televisión.
Alcanzou a fama como locutor de radio durante a segunda guerra mundial. As súas transmisións eran seguidas por millóns de ouvintes nos Estados Unidos. Os principais historiadores do período considérano unha das grandes figuras do xornalismo do seu tempo. Murrow contratou un equipo de correspondentes de guerra de grande altura e caracterizouse pola súa honradez e integridade á hora de difundir as novas. Foi un dos pioneiros da televisión e produciu unha serie de reportaxes que o enfrontaron co senador Joseph McCarthy.
Honras Murrow recibiu en varias ocasións o premio Peabody, individualmente e en grupo. En 1947 Murrow recibiu o Alfred I. duPont Award.All duPont–Columbia Award Winners , Columbia Journalism School. Consultado o 6-8-2013. En 1964, Murrow recibiu a Medalla Presidencial da Liberdade. Recibiu un George Polk Award especial en 1951 e 1952. En 1967, recibiu un premio Grammy ao mellor álbum falado por Edward R. Murrow – A Reporter Remembers, Vol. I The War Years. O Edward R. Murrow Award é entregado anualmente pola Radio Television Digital News Association ao "mérito destacado en xornalismo electrónico". Existe unha estatua a Edward R. Murrow no Greensboro Historical Museum. En 1984, Murrow foi incluído postumamente no Television Hall of Fame. En 1996, Murrow foi nomeado # 22 nas "50 maiores estrelas da televisión de todos os tempos" de TV Guide.
Na cultura popular Rodáronse varios filmes inspirados completa ou parcialmente por Murrow. En 1986, HBO estreou o biopic Murrow, con Daniel J. Travanti como protagonista e Robert Vaughn nun papel secundario. Good Night, and Good Luck é un filme de 2005 dirixido, coprotagonizado e coescrito por George Clooney sobre o conflito entre Murrow e Joseph McCarthy en See It Now. Murrow foi interpretado polo actor David Strathairn, que recibiu unha candidatura ao Oscar ao mellor actor.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Bill Downs Ligazóns externas The Life and Work of Edward R. Murrow: an archives exhibit , Digital Collections and Archives, Tufts University Murrow Papers at Mount Holyoke College
Categoría:Nados no condado de Guilford, Carolina do Norte Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1965 Categoría:Xornalistas dos Estados Unidos de América Categoría:Correspondentes de guerra Categoría:Finados por cancro de pulmón Categoría:Paseo da Fama de Hollywood