Non confundir con Royal Numismatic Society

A British Numismatic Society -BNS- (en galego: "Sociedade Numismática Británica") é unha sociedade erudita e sen ánimo de lucro situada en Londres, Reino Unido, establecida en 1903 co obxectivo de promover o estudo das moedas, as fichas comerciais, as medallas e os billetes das illas británicas e dos territorios baixo a súa influencia."introduction to the Society". Sitio web da BNS.Pagan, H. (2003).

Historia A institución estableceuse o 18 de xuño de 1903 por iniciativa de tres membros pertencentes á preexistente Sociedade Numismática de Londres (Numismatic Society of London, xerme da posterior Royal Numismatic Society), que consideraban necesaria a existencia dunha sociedade de ámbito nacional que tivese como interese específico o estudo das moedas das illas británicas e dos territorios que nalgún momento estiveran baixo a súa influencia. Estes tres fundadores eran Philip William Poole Carlyon-Britton, Laurie Asher Lawrence e Walter Jonathan Andrew."The British Numismatic Society: A History". En British Numismatic Journal. Vol. 73. Nº 4. Páxina 1."History". No sitio web da BNS.Pagan, H. (2003). Páxinas 1-15.

O encontro inaugural da Sociedade tivo lugar o 30 de novembro, cun corpo social de 270 membros. Unha das primeiras decisións consistiu no lanzamento do British Numismatic Journal, que quixeron dotar dunha entidade máis atraente que a da Numismatic Chronicle, o xornal existente na época, publicado pola RNS.

A actividade da Sociedade nas primeiras décadas, con algunhas dificultades engadidas durante a primeira guerra mundial, supuxeron un pulo importante para o estudo de moi diversos aspectos das cuñaxes británicas e irlandesas. Nisto xogou un importante papel a publicación dunha serie de artigos de L. A. Lawrence e dos irmáns John Shirley e H. B. Earle Fox no British Numismatic Journal, sobre as emisións monetarias dos reis ingleses da Idade Media. Posteriormente, as cuñaxes dos Tudor e dos Estuardo tamén foron obxecto de detallados estudos no BNJ ata os anos 20, fundamentalmente da man de autores como Henry Symonds, H. W. Morrieson, Grant Francis e Helen Farquhar (1859-1953). Esta última, unha das fundadoras da Sociedade e elixida vicepresidenta en 1912, foi unha das primeiras mulleres numismáticas do mundo en posuír un corpus propio de publicacións nesta materia.

A década de 1930 caracterizouse polo falecemento de varias das persoas que contribuíran á fundación da BNS, o que implicou un período de inestabilidade. O ingreso na directiva da Sociedade de persoeiros como George C. Brooke (finado en 1934), conservador do Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, e do seu sucesor nese posto, Derek Allen (1910-1975), ambos moi respectados no mundo académico, déronlle á BNS a estabilidade que precisaba.Pagan, H. (2003). Páxinas 15-18.

Outra figura salientable para a Sociedade foi Christopher Blunt (1904-1987), discípulo de Brooke e presidente da entidade no segundo lustro da década dos 40, que xogou un destacado papel nos estudos numismáticos británicos da segunda metade do século XX.

Durante a segunda guerra mundial, a actividade da BNS sufriu un novo enlentecemento, aínda que mantivo a periodicidade e a calidade científica do Journal, grazas aos esforzos editoriais de Cuthbert Whitton, un experto nas emisións monetarias dos derradeiros membros da casa de Plantagenet.Pagan, H. (2003). Páxinas 19-24.

O primeiro presidente da Sociedade tras a guerra, C. Blunt, achegou novos enfoques e novos intereses, dirixidos sobre todo ás emisións dos reis anglosaxóns entre finais do século VIII e finais do século X, o que se amosaba non só nas temáticas dos encontros organizados pola entidade, senón tamén nas dos artigos publicados no Journal.Pagan, H. (2003). Páxinas 24-44.

Ao longo da segunda metade do século XX, a Sociedade desempeñou un importante papel no desenvolvemento da investigación sobre a numismática das illas británicas e dos territorios da súa influencia. Xa no século XXI, o Journal asumiu un papel cada vez máis importante no estudo desas emisións, das que elabora unha constante catalogación (Coin Register), á parte dos rexistros dos achados monetarios ocorridos neses territorios."Coin Register ". No sitio web da BNS.

Presidentes da BNS Esta é unha listaxe dos presidentes da BNS desde a súa fundación en 1903."History: Presidents of the Society". No sitio web da BNS.

1903-1908: P. W. P. Carlyon-Britton. 1909-1910: W. J. Andrew. 1910-1914: P. W. P. Carlyon-Britton. 1915-1919: H. W. Morrieson. 1920-1921: F. A. Walters. 1922-1922: J. Sanford Saltus. 1922-1925: G. R. Francis. 1926-1927: W. J. Freer. 1928-1928: P. W. P. Carlyon-Britton. 1928-1932: H. W. Morrieson. 1933-1937: B. Crowther-Beynon. 1938-1945: H. W. Taffs. 1946-1950: C. E. Blunt. 1951-1954: E. J. Winstanley. 1955-1958: H. H. King.

1959-1963: D. F. Allen. 1964-1965: C. W. Peck. 1966-1970: C. S. S. Lyon. 1971-1975: S. E. Rigold. 1976-1980: P. Woodhead. 1981-1983: J. D. Brand. 1984-1988: H. E. Pagan. 1989-1993: C. E. Challis. 1994-1998: G. P. Dyer. 1999-2003: D. W. Dykes. 2004-2008: M. A. S. Blackburn. 2008-2012: R. J. Eaglen. 2012-2016: R. Bland. 2017-2021: K. Clancy. 2022-____: E. Screen.

Biblioteca A BNS ten unha biblioteca dotada de arredor de 16.000 referencias, combinada e integrada coa biblioteca da Royal Numismatic Society e localizada fisicamente na sede do Instituto Warburg."Library". No sitio web da BNS.

Premios

Medalla Sanford Saltus (Sanford Saltus Gold Medal). Estableceuse en 1910 na honra de John Sanford Saltus (1854-1922), e é a principal condecoración da Sociedade. Concédese cada tres anos para recoñecer contribucións académicas destacadas á numismática británica. Trátase dunha medalla de ouro deseñada por Frank Bowcher."Society Medals". No sitio web da BNS.

Medalla Jeffrey North (Jeffrey North Medal for Service). Instituída na honra de Jeffrey North para recoñecer servizos excepcionais á numismática británica. A medalla foi deseñada por Nicola Moss. Medalla Centenario (Centenary Medal). Outórgase desde 2003, a partir das celebracións do centenario da entidade. A medalla, producida pola Royal Mint, foi deseñada por Danuta Solowiej-Wedderburn.Clancy, C. “The Centenary Medal of the British Numismatic Society”. British Numismatic Journal 72 (2002). Páxinas 187-188. Premio Blunt. Estableceuse na honra de Christopher Evelyn Blunt (1904-1987), expresidente da entidade. Con el prémiase trianualmente a contribución significativa á numismática por parte dunha persoa de menos de 35 anos."Prizes": No sitio web da BNS. Premio North Book. Do mesmo xeito que a medalla do mesmo nome, este premio honra a figura de Jeffrey North. Con el prémiase, con carácter bianual, o mellor libro publicado sobre a numismática británica.

Publicacións Periódicas

British Numismatic Journal (publicado desde 1903). Trátase da publicación principal da Sociedade e é a máis significativa de todas as relacionadas coa temática da numismática británica. Xeralmente abréviase como BNJ nas referencias bibliográficas académicas. Ten periodicidade anual e repártese gratuitamente entre os asociados; porén, os números anteriores son de acceso libre en liña a través da web da Sociedade."British Numismatic Journal ". No sitio web da BNS.

Monografías En 1991, a Sociedade acordou emprender unha serie de publicacións de carácter especial, financiada grazas ao legado dun dos seus asociados, Roy Osbourne. Compoñen esta serie publicacións de carácter monográfico cunha extensión superior á adecuada para seren publicados no British Numismatic Journal."Special Publications ". No sitio web da BNS.

A publicación destes traballos conta coa colaboración da editora Spink."British Numismatic Society Publications". En Spink Books.

(1994): Brand, J, D. The English Coinage 1180-1247. Money, Mints and Exchanges. (1998): Doty, R. G. The Soho Mint and the Industrialization of Money. ISBN 978-1902040035 (2001): Manville, H. E. Tokens of the Industrial Revolution. Foreign Silver Coins Countermarked for use in Great Britain, c.1787-1828. ISBN 978-1902040417 (2003): Allen, M. The Durham Mint. ISBN 978-1902040516 (2006): Eaglen, R. J. The Abbey and Mint of Bury St Edmunds to 1279. ISBN 978-1902040752 (2010): Chick, D. The Coinage of Offa and His Contemporaries. ISBN 978-1907427022 (2011): Blackburn, M. Viking Coinage and Currency in the British Isles. ISBN 978-1907427053 (2011): Naismith, R. The Coinage of Southern England 796-865. ISBN 978-1907427091 (2012): Churchill, R.; Thomas, B. The Brussels Hoard of 1908: the Long Cross Coinage of Henry III. ISBN 978-0906919231 (2014): Attwood, P. Hard at Work - The Diary of Leonard Wyon 1853-1867. ISBN 978-1907427329 (2015): De Jersey, P. Coin Hoards in Iron Age Britain. ISBN 978-1907427381 (2018): Bland, R. Coin hoards and Hoarding in Roman Britain AD 43-c.498. ISBN 9781907427794

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Lista de asociacións numismáticas

Bibliografía

Pagan, H. (2003). “The British Numismatic Society: A History”. British Numismatic Journal. Nº 73. Páxinas 1-43. ISSN 0143-8956

Ligazóns externas

Sitio web da British Numismatic Society Perfil en Twitter da BNS

Categoría:British Numismatic Society