O Dodger Stadium, chamado ás veces polo metónimo Chavez Ravine, é un parque de béisbol situado barrio de Elysian Park nos Ánxeles, California (Estados Unidos). É o estadio local de Los Angeles Dodgers da Liga Nacional da Major League Baseball (MLB). Aberto o 10 de abril de 1962, foi construído en menos de tres anos. O custo da construción foi de 23 millóns de dólares, todos achegados por capital privado. O Dodger Stadium é o recinto da MLB máis antigo situado ao oeste do Río Mississippi, así como o terceiro máis antigo en xeral, só despois de Fenway Park en Boston (1912) e Wrigley Field en Chicago (1914). Con capacidade para 56.000 espectadores, é o parque de béisbol con maior capacidade do mundo. Os segunintes son o Estadio Latinoamericano da Habana e o Tokyo Dome con 55.000. Considerado favorábel para pitchers, o estadio presencio doce no-hitters, dos cales dous foron xogos perfectos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Os Ánxeles Los Angeles Dodgers Ligazóns externas Páxina web do estadio en mlb.com/dodgers Dodger Stadium Seating Chart

Categoría:Los Angeles Dodgers Categoría:Estadios da MLB Categoría:Deporte nos Ánxeles Categoría:Arquitectura nos Ánxeles