O ferrocarril Transiberiano, abreviadamente coñecido como o Transiberiano (en ruso Транссибирская магистраль, Transsibirskaya magistral, Транссиб, Transsibirs) é unha rede ferroviaria que conecta Moscova coa parte oriental da Federación Rusa.

Cunha lonxitude de 9 289 km entre Moscova e Vladivostok, é a terceira liña ferroviaria máis longa do mundo.

Os ministros do goberno do Imperio Ruso nomeados persoalmente polo emperador Alexandre III de Rusia e o seu fillo, o tsarevich Nicolao, supervisaron a construción do ferrocarril entre 1891 e 1916. Mesmo antes da súa finalización, a liña atraeu viaxeiros que escribiron sobre as súas aventuras.Meakin, Annette, A Ribbon of Iron (1901), reprinted in 1970 as part of the Russia Observed series (Arno Press/New York Times)().

O Ferrocarril Transiberiano conectou Moscova e Vladivostok directamente dende 1916. A expansión do sistema ferroviario continúa, con vías que van cara a Mongolia, a República Popular da China, Corea do Norte e o Xapón.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Informacións sobre as rutas do tren . Relato de un viaje en el Transiberiano . History of Trans Siberian Railway . Transsibirische Eisenbahn . Ideas para diferentes rutas co ferrocarril transiberiano .

Categoría:Conexións ferroviarias internacionais