A integración social son todas aquelas accións e intervencións que facilitan e posibilitan que as persoas desenvolvan as súas capacidades persoais e sociais.
Cada persoa parte con máis ou menos habilidades e cunhas necesidades concretas, dependendo da súa situación, os ritmos son diferentes e polo tanto teñen metas variadas e variables, o que fai que os seus procesos de integración teñan que ser personalizados e flexibles.
En España
En España existe un ciclo formativo de grao superior Técnico/a en Integración Social.
As/os profesionais desta titulación exercen a súa actividade no sector dos servizos ás persoas: asistencias, educativa, apoio na xestión doméstica e psicosociais, e no sector de servizos á comunidade: atención psicosocial a colectivos e persoas en desvantaxe social, mediación comunitaria, inserción ocupacional e laboral e promoción da igualdade de oportunidades.
A titulación co Real Decreto 1074/2012, de 13 de xullo polo que establece o título de Técnico/a Superior en Integración Social.
Os módulos de ensinanza impartidos neste ciclo superior son os seguintes:
Contexto da intervención social
Análise dos procesos de desenvolvemento evolutivo do ser humano. Conceptos e procesos básicos de psicoloxía social e socioloxía. Análise da estrutura e procesos de dinámica social. Psicoloxía da exclusión social. Análise de necesidades, marxinacións e exclusións. Interpretación do marco da intervención social. Determinación dos ámbitos de intervención social. Caracterización de servizos e programas de intervención social.
Inserción sociolaboral
Caracterización do contexto da inserción sociolaboral. Planificación de intervencións de inserción laboral. Aplicación de técnicas de adestramento en habilidades sociolaborais. Planificación de actividades de inserción laboral. Definición de procedementos para o seguimento e avaliación do proceso de inserción sociolaboral.
Atención a unidades de convivencia
Planificación da intervención na unidade de convivencia. Organización da intervención en unidades de convivencia. Deseño de actividades do proxecto de intervención en unidades de convivencia. Organización de estratexias de intervención. Estratexias de intervención en violencia doméstica. Realización de actividades para o seguimento e control da intervención.
Mediación comunitaria
Planificación das intervencións de mediación. Organización das actuacións para a prevención de conflitos. Realización de actividades dos procesos de mediación comunitaria. Realización de actividades de avaliación da mediación.
Apoio á intervención educativa
Caracterización do apoio na intervención educativa. Organización do apoio á intervención educativa. Desenvolvemento de actividades de apoio á intervención educativa. Realización do seguimento do proceso de apoio.
Promoción da autonomía persoal
Elaboración de programas de adestramento de habilidades de autonomía persoal e social. Organización de actividades de adquisición de habilidades da vida diaria. Organización de actividades de adquisición de competencias básicas de mobilidade. Organización de actividades de adestramento e adquisición de habilidades socias. Organización de actividades de estimulación, mantemento e rehabilitación de capacidades cognitivas. Desenvolvemento de actividades de adquisición e adestramento de habilidades básicas de autonomía persoal e social. Realización de actividades de seguimento do proceso de promoción de habilidades de autonomía persoal e social.
Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación
Detección de necesidades e procesos de intervención. Organización da intervención. Aplicación de sistemas de comunicación alternativa con axuda. Aplicación de sistemas de comunicación alternativa sen axuda. Comprobación da eficacia dos sistemas de comunicación.
Metodoloxía da intervención social
Determinación de métodos, técnicas e instrumentos de análise da realidade. Determinación dos elementos de proxectos de intervención social. Determinación de estratexias de promoción e difusión de proxectos de intervención. Incorporación da perspectiva de xénero nos proxectos de intervención social. Definición de procedementos de avaliación de proxectos de intervención social.
Primeiros auxilios
Valoración inicial de asistencia en urxencia. Aplicación de técnicas de soporte vital. Aplicación de procedementos de inmobilización e mobilización. Aplicación de técnicas de apio psicolóxico e de autocontrol.
Habilidades sociais
Posta en marcha de estratexias e técnicas que favorezan a relación social e a comunicación. Dinamización do traballo en grupo. Condución de reunións. Estratexias de xestión de conflitos e toma de decisións. Avaliación da competencia social e procesos de grupo.
Proxecto de integración social
Identificación de necesidades do sector produtivo da organización da empresa. Deseño de proxectos relacionados co sector. Planificación da execución do proxecto. Definición de procedementos de control e avaliación da execución do proxecto.
Formación e orientación laboral
Busca activa de emprego. Xestión do conflito e equipos de traballo. Contrato de traballo. Seguridade Social, emprego e desemprego. Avaliación de riscos profesionais. Planificación da prevención de riscos na empresa. Aplicación de medidas de prevención e protección na empresa.
Empresa e iniciativa emprendedora
Iniciativa emprendedora. A empresa e a súa contorna. Creación e posta en marcha dunha empresa. Función administrativa.
Formación en centros de traballo
Identificación da estrutura e organización empresarial. Aplicación de hábitos éticos e laborais. Realización de operacións de preparación da actividade laboral. Posta en marcha das actividades previstas no plan de traballo. Cumprimento dos criterios de seguridade e hixiene. Análise do servizo prestado.
Véxase tamén Ligazóns externas http://www.todofp.es/que-como-y-donde-estudiar/que-estudiar/familia/loe/servicios-socioculturales-comunidad/integracion-social.html https://www.boe.es/boe/dias/2013/02/01/pdfs/BOE-A-2013-1037.pdf
Categoría:Integración económica