Beyond é o oitavo álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Dinosaur Jr., publicado o 1 de maio de 2007 a través do selo Fat Possum Records. Foi o seu primeiro disco nunha década despois do Hand It Over de 1997, e o primeiro coa formación orixinal do grupo dende o Bug de 1988.

Promoción A banda planeou unha xira mundial en 2007 e tocou o tema "Almost Ready" no programa Late Show with David Letterman para promover o álbum. Realizouse un vídeo para "Been There All the Time", con Thurston Moore de Sonic Youth e a súa filla Coco. O vídeo foi dirixido por Matt Dillon.

Edición O álbum foi publicado a través do selo Fat Possum Records nos Estados Unidos e a través de Play It Again, Sam en Europa, Australia, Nova Zelandia e o Xapón. Tamén foi editado en Ucraína a través do selo Moon Records. As versións de edición limitada tanto de Fat Possum como de PIAS conteñen un disco de 7" extra co tema "Yer Son". Os respectivos selos reeditarían o álbum en 2014, 2015 e 2016, tendo o último deles unha versión descargable en MP3.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Dinosaur Jr. Categoría:Álbums musicais de 2007 Categoría:Álbums de Fat Possum Records