XTRMNTR é o sexto álbum da banda escocesa de rock alternativo Primal Scream, publicado o 31 de xaneiro de 2000 no Reino Unido a través do selo Creation Records e o 2 de maio nos Estados Unidos por Astralwerks. Afastándose das súas primeiras gravacións máis hedonistas, o grupo tomou unha postura máis política, atacando ao goberno, á policía e a corporacións multinacionais. O seu son é máis agresivo e enérxico que os anteriores traballos de Primal Scream, con sons duros e industriais que forman a base de moitas das súas cancións. Aínda que Gary Mounfield unírase á banda en 1997 e gravara unha selección de temas no seu anterior álbum Vanishing Point, este álbum foi a primeira vez que compartía os créditos de coposición co resto da banda, ademais de ser o seu primeiro álbum dende o seu tempo con The Stone Roses. O álbum destaca por ser o derradeiro longa duración de Creation Records, co tema "Accelerator" posteriormente converténdose no derradeiro sinxelo publicado polo selo.

Listaxe de cancións

Notas

En "Exterminator" a liña "So look out kid, you keep it all hid" é unha cita da canción de Bob Dylan "Subterranean Homesick Blues", e a liña "Too young kid, you're gonna get hit/Looks like you're never gonna make it off the government list" é do tema de The Jesus and Mary Chain "Blues from a Gun". "Kill All Hippies" ten un sampler da voz de Linda Manz da película de 1980 Out of the Blue, a sección de cordas da introdución de Labi Siffre "I Got The ...", e un breve ruído do principio do tema de Deutsch Amerikanische Freundschaft "Der Mussolini".

Notas

Categoría:Álbums de Primal Scream Categoría:Álbums musicais de 2000 Categoría:Álbums de Creation Records Categoría:Álbums de Astralwerks