Esther Kamatari, nada en Bujumbura o 30 de novembro de 1951,Esther Kamatari et Marie Renault, Princesse des Rugo. Mon histoire, Bayard, París, 2001, p. 16. é unha escritora, modelo e princesa exiliada de Burundi.

Traxectoria Esther Kamatari medrou en Burundi como membro da familia real. Educouse no Ecole Nationale d'Administration du Burundi. Logo da independencia en 1962, o rei foi derrocado cun golpe de estado militar e a monarquía foi abolida en 1966. Kamatari abandonou o país en 1970 despois do asasinato do seu pai e estabeleceuse en París, onde se converteu en modelo. Un intento de restabelecer a monarquía rematou co asasinato de Ntare V en 1972.

A historia de Burundi logo da independencia estivo dominada polas tensións entre a maioría hutu e a minoría tutsi. A guerra civil da década de 1990, os conflitos cos países veciños e a difícil situación de milleiros de nenos vítimas de guerra levouna a involucrarse coa "Association of the People of Burundi" en Francia. En Burundi, é coñecida polo seu labor humanitario.

Unha paz mediada por Suráfrica fixo posibles as eleccións en Burundi, e Esther Kamatari e o seu partido Abahuza, que quere dicir "unir a xente", concorreron pola restauración da monarquía.

Vida persoal Esther casou cun francés chamado Gilles, doutor de profesión. Tiveron dous fillos, Jade e Arthur. Esther tiña unha filla, Frédérique, e un fillo, Wilson Lixon, dunha relación anterior.

Notas

Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados en Bujumbura