Maria Kondratyevna Gorokhovskaya (en , en ), nada en Yevpatoria o 17 de outubro de 1921 e finada en Tel Aviv o 22 de xullo de 2001 foi unha ximnasta soviética de orixe xudía. Nos Xogos Olímpicos de 1952 gañou sete medallas, máis que ningunha outra muller nuns únicos xogos.

Traxectoria Competindo por Budivelnyk Kharkiv, Gorokhovskaya gañou o seu primeiro título da URSS na barra fixa en 1948 e acudiu aos Xogos Olímpicos de Helsinqui como dobre campioa nacional. As ximnastas soviéticas nunca participaran antes en torneos internacionais importantes, e foron os primeiros xogos nos que participou o país.

Os ximnastas soviéticos dominaron a competición, con Gorokhovskaya como líder. Nos catro aparatos individuais (barra, chan, salto e asimétricas), Gorokhovskaya acabou segunda. Eses resultados valéronlle a medalla de ouro na competición xeral, acabando por diante da súa compañeira de equipo Nina Bocharova por oito décimas.

Con sete das oito ximnastas soviéticas nos dez primeiros postos, era claro que a medalla de ouro por equipos sería para elas. Gorokhovskaya gañou a súa sétima medalla no desaparecido exercicio por equipos con aparatos portátiles, en que o equipo soviético rematou segundo despois de Suecia.

Gorokhovskaya fixo unha aparición internacional máis como parte do equipo gañador do campionato do mundo de 1954, e despois retirouse. Traballou entón como xuíza (internacional dende 1964) e como conferenciante.

En 1990, Gorokhovskaya, que era xudía, emigrou a Israel, onde traballou como adestradora de ximnasia ata a súa morte. En 1991 foi incluída no Salón Internacional da Fama dos Deportes Xudeus.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Complete list of competition results at Gymn Forum Gorokhovskaya na Federación Internacional de Ximnasia

Categoría:Nados en Crimea Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 2001 Categoría:Ximnastas olímpicos da Unión Soviética Categoría:Medallistas olímpicos en ximnasia Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1952 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro pola Unión Soviética Categoría:Medallistas olímpicos de prata pola Unión Soviética Categoría:Ximnastas nos Xogos Olímpicos de 1952