Orlando: Unha biografía (título orixinal en ) é a sexta novela de Virginia Woolf, publicada orixinalmente o 11 de outubro de 1928. A editorial que se encargou da súa publicación, Hogarth Press, pertencía ao matrimonio Woolf.

Temas Trátase dunha obra en parte biográfica, baseada na vida da noiva de Woolf, Vita Sackville-West. Constitúe unha das novelas máis accesibles de Woolf, e por iso a de maior éxito da autora en vida. Influíu moito na literatura da época no aspecto estilístico. Ademais, considérase unha obra de importancia na literatura en xeral, e na escritura feminina e os estudos de xénero en particular.

Nesta novela trátanse temas considerados tabús na súa época como a homosexualidade, a sexualidade feminina, ademais do papel da muller na sociedade e como creadora literaria. Todos estes temas preséntanse contextualizados en distintos períodos históricos: dende o período isabelino, pasando polo período vitoriano, até comezos do século XX.

Adaptacións A directora Sally Potter rodou unha versión cinematográfica en 1992, con Tilda Swinton como Orlando e Quentin Crisp como a raíña Isabel I.

Traducións

Orlando: Unha biografía (2014). Tradución directa ao galego de Celia Recarey. Irmás Cartoné.

Notas

Categoría:Obras literarias de 1928 Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego