Anne Hutchinson (de solteira Anne Marbury), nada en Alford (Lincolnshire) en xullo de 1591 e finada nos Novos Países Baixos en agosto de 1643, foi unha teóloga e conselleira espiritual inglesa, recoñecida pola súa importante participación na controversia antinomista que sacudiu a nova colonia da Baía de Massachusetts entre 1636 e 1638. As súas fortes conviccións relixiosas discordaban co clero puritano establecido na área de Boston, e a súa popularidade e carisma axudaron a crear un cisma teolóxico que ameazou con destruír as comunidades relixiosas de Nova Inglaterra. Finalmente foi xulgada e condenada e desterrada da colonia con moitos dos seus seguidores.
Hutchinson é unha figura clave da historia da liberdade relixiosa nas colonias americanas e na historia das mulleres no sacerdocio, desafiando a autoridade dos sacerdotes. É honrada por Massachusetts cun monumento en que a chama "valente expoñente da liberdade civil e da tolerancia relixiosa".Orixinal: "Courageous exponent of civil liberty and religious toleration". Citado en Foi denominada a muller inglesa máis famosa da historia colonial americana.
Traxectoria Primeiros anos e viaxe a Norteamérica Anne Hutchinson naceu en Lincolnshire e foi bautizada o 20 de xullo de 1591. Era filla de Francis Marbury e Bridget Dryden. Anos despois coñeceu o reverendo John Cotton, quen se converteu no seu mentor. Ao abandonar Cotton Inglaterra, Anne tamén decidiu marchar. Xunto ao seu esposo William e os seus fillos abandonaron Inglaterra e establecéronse na colonia de Massachusetts Bay en 1634. En devandito lugar, Anne comezou a levar a cabo reunións semanais para discutir sobre teoloxía e para impartir consello espiritual.
Xuízo e castigo Algunhas das súas crenzas relixiosas non caeron ben entre algúns dos seus veciños puritanos. Eles crían que para gañar a salvación e a vida eterna debían levar a cabo obras de caridade na terra. Hutchinson cría que soamente a fe era suficiente.Encyclopedia: Anne Hutchinson Tamén cría que Deus se manifestaba ao home directamente, sen necesidade do clero. Os líderes comunitarios comezaron a ver a Hutchinson como un grave problema.
Comezou a acusar os sacerdotes locais (agás a Cotton e o cuñado do seu marido John Wheelwright) de predicar un "compromiso coas obras" en lugar dun "compromiso coa graza", e moitos sacerdotes comezaron a queixarse das súas acusacións de insolencia ademais de certas ensinanzas teolóxicas que non estaban de acordo coa teoloxía puritana ortodoxa. A situación finalmente estalou no que se coñece como a controversia antinomista, que culminou co seu xuízo e condena por herexía en 1637, xunto co seu desterro da colonia. A isto seguino o xuízo pola igrexa en marzo de 1638 no que foi apartada da congregación.
Falecemento Hutchinson e moitos dos seus seguidores estableceron o asentamento de Portsmouth co apoio do fundador de Providence Plantations Roger Williams, no que se converteu na Colonia de Rhode Island e Providence Plantations. Trala morte do seu marido en 1642, a ameaza de que Massachusetts quedase con Rhode Island empuxaron a Hutchinson a moverse fóra completamente de Boston cara ás rexións neerlandesas. Cinco dos seus fillos superviventes máis vellos permaneceron en Nova Inglaterra ou en Inglaterra, mentres que ela se estableceu cos seus fillos máis novos preto dunha antiga terra coñecida como Split Rock, que logo se converteu en The Bronx en Nova York. As tensións eran fortes nese tempo cos siwanoys. En agosto de 1643, Hutchinson, seis dos seus fillos e outros propietarios foron masacrados polos siwanoys durante a guerra de Kieft. A única supervivente foi a súa filla de nove anos Susanna, que foi tomada prisioneira.PBS God in America: Anne Hutchinson A súa morte foi vista polos puritanos da baía de Massachusetts como a clara evidencia do xuízo divino na terra.Britannica: Anne Hutchinson
Perdón En 1987, o gobernador de Massachusetts Michael Dukakis absolveu a Anne Hutchinson, revogando a orde de desterro que se lle dera 350 anos antes.LaPlante, Eve (2004). American Jezebel, the Uncommon Life of Anne Hutchinson, the Woman who Defied the Puritans. San Francisco: Harper Collins. ISBN 0-06-056233-1.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
The article includes an annotated transcription of Hutchinson's "Immediate Revelation."
Ligazóns externas Trial and Interrogation of Anne Hutchinson (1637) Información sobre a estatua dedicada a Anne Hutchinson statue (algunhas fontes dátana en 1915 e a maioría en 1922 O masacre de Hutchinson Agate, Jory.(2005)Trials, Travails and Theological Tumult: Anne Hutchinson and the First Parish in Cambridge Homenaxe aHutchinson en Quincy Harvard's Midwife A conexión de Hutchinson co Harvard College Michals, Debra. "Anne Hutchinson". National Women's History Museum. 2015.
Categoría:Teólogos cristiáns Categoría:Nados en Lincolnshire Categoría:Nados en 1591 Categoría:Finados en 1643