ligazón=https://en.wikipedia.org/wiki/File:David_Hurley_official_photo_(cropped).jpg|dereita|miniatura|David Hurley, o 27º e actual gobernador xeral de Australia O Gobernador Xeral de Australia é o xefe da rama executiva do goberno federal, servindo como representante do monarca australiano (dende 2022, Carlos III do Reino Unido). O cargo creouse coa adopción da nova constitución nacional o 1 de xaneiro de 1901, e foi ocupado por 26 persoas dende entón. O mandato do gobernador xeral non ten unha duración determinada, mais adoita ser de 5 anos.

Durante as dúas primeiras décadas, os gobernadores xerais foron seleccionado só polo goberno británico. Comezouse a consultar ao monarca nos anos 30. Os primeiros catro gobernadores xerais foron lords. Ronald Munro Ferguson (nomeado en 1914) foi o primeiro membro da Cámara dos Comúns que ocupou o posto, a pesar de que logo foi tamén ascendido á Cámara dos Lords. En 1920, Billy Hughes converteuse no primeiro Primeiro Ministro en ser consultado sobre nomeamento dun novo gobernador xeral. Stanley Bruce (1925) e Joseph Lyons (1935) pediron ou foilles entregada unha lista de candidatos entre os que escoller.

James Scullin (1930) foi o primeiro Primeiro Ministro de Australia que decidiu completamente un nomeamento, o de Isaac Isaacs, e converteu a Australia no primeiro dominio en ter un gobernador xeral nacido no propio dominio. En 1945, John Curtin nomeou o príncipe Henrique, Duque de Gloucester para o posto, o primeiro e único membro da casa real en ocupalo. Un segundo australiano (William McKell) foi nomeado en 1947, foi seguido doutros tres británicos, todos escollidos por Robert Menzies. O cuarto nomeamento de Menzies foi Richard Casey, quen tomou posesión en 1965. El e todos os gobernadores xerais seguintes foron cidadáns australianos. Todos os estados excepto Tasmania e Australia Meridional proporcionaron polo menos un nomeado. A primeira muller gobernadora xeral foi, Quentin Bryce, que tomou posesión en 2008.

O 16 de decembro de 2018, o primeiro ministro Scott Morrison anunciou que o próximo gobernador xeral sería David Hurley, actual gobernador de Nova Gales do Sur.

Lista NºRetratoGobernador XeralLexislaturaDuraciónMonarcaPrimeiro Ministro1112x112pxJohn Hope, Conde de Hopetoun1 de xaneiro de 190117 de xullo de 1902Vitoria (1837–1901)Edmund BartonEduardo VII (1901–1910)2112x112pxHallam Tennyson, Barón de Tennyson9 de xaneiro de 190321 de xaneiro de 1904Alfred Deakin3112x112pxHenry Northcote, Barón de Northcote21 de xaneiro de 19049 de setembro de 1908Chris WatsonGeorge Houstoun ReidAlfred Deakin4115x115pxWilliam Ward, Conde de Dudley9 de setembro de 190831 de xullo de 1911Andrew FisherAlfred DeakinAndrew FisherXurxo V (1910–1936)5112x112pxThomas Denman, Barón de Denman31 de xullo de 191118 de maio de 1914Joseph Cook6112x112pxRonald Munro Ferguson18 de maio de 19146 de outubro de 1920Andrew FisherBilly Hughes7112x112pxHenry Forster, Barón de Forster6 de outubro de 19208 de outubro de 1925Stanley Bruce8112x112pxJohn Baird, Barón de Stonehaven8 de outubro de 19252 de outubro de 1930James Scullin9112x112pxIsaac Isaacs21 de xaneiro de 193123 de xaneiro de 1936Joseph LyonsEduardo VIII 1936)10112x112pxAlexander Hore-Ruthven, Barón de Gowrie23 de xaneiro de 193630 de xaneiro de 1945Xurxo VI (1936–1952)Earle PageRobert MenziesArthur FaddenJohn Curtin11112x112pxPríncipe Henrique, Duque de Gloucester30 de xaneiro de 194511 de marzo de 1947Frank FordeBen Chifley12112x112pxWilliam McKell11 de marzo de 19478 de maio de 1953Robert MenziesIsabel II (1952–presente)13112x112pxWilliam Slim8 de maio de 19532 de febreiro de 196014112x112pxWilliam Morrison, Vizconde de Dunrossil2 de febreiro de 19603 de febreiro de 196115112x112pxWilliam Sidney, Vizconde De L'Isle3 de agosto de 19617 de maio de 196516112x112pxRichard Casey, Barón de Casey7 de maio de 196530 de abril de 1969Harold HoltJohn McEwenJohn Gorton17112x112pxPaul Hasluck30 de abril de 196911 de xullo de 1974William McMahonGough Whitlam18112x112pxJohn Kerr11 de xullo de 19748 de decembro de 1977Malcolm Fraser19112x112pxZelman Cowen8 de decembro de 197729 de xullo de 198220107x107pxNinian Stephen29 de xullo de 198216 de febreiro de 1989Bob Hawke21112x112pxBill Hayden16 de febreiro de 198916 de febreiro de 1996Paul Keating22114x114pxWilliam Deane16 de febreiro de 199629 de xuño de 2001John Howard23112x112pxPeter Hollingworth29 de xuño de 200128 de maio de 200324112x112pxMichael Jeffery11 de agosto de 20035 de setembro de 2008Kevin Rudd25114x114pxQuentin Bryce5 de setembro de 200828 de marzo de 2014Julia GillardKevin RuddTony Abbott26106x106pxPeter Cosgrove28 de marzo 20141 de xullo de 2019Malcolm TurnbullScott Morrison27ligazón=https://en.wikipedia.org/wiki/File:David_Hurley_official_photo_(cropped).jpg|109x109pxDavid Hurley1 de xullo de 2019no cargo Notas

Véxase tamén Outros artigos Imperio británico Reinos da Commonwealth de Nacións Xefes de Estado e Goberno actuais

Bibliografía

Ligazóns externas Sitio web do Gobernador Xeral Poderes de reserva do Gobernador Xeral

Categoría:Gobernadores Xerais de Australia