As cidades metropolitanas (en italiano: città metropolitane) son 14 entes administrativos territoriais italianos,Città metropolitane en Biblioteca Nazionale Centrale Firenze. previstos polo artigo 114 da Constitución da República Italiana.«La Repubblica è costituita dai Comuni, dalle Province, dalle Città metropolitane, dalle Regioni e dallo Stato». (A República está constituída polos municipios, as provincias, as cidades metropolitanas, as rexións e polo estado).

Están en funcionamento desde o 1 de xaneiro de 2015.

Esta institución supón a oficialización da máis informal denominación de área metropolitana, para dotalas das competencias propias das ex provincias respectivas.

Historia A lei orixinaria de 1990 identificaba como cidades metropolitanas as comunas de Turín, Milán, Venecia, Xénova, Boloña, Florencia, Roma, Bari, Nápoles e as súas respectivas terras circundantes, reservando ás rexións autónomas o dereito de concretar as cidades metropolitanas no seu territorio.Lei de 8 de xuño de 1990, nº 142. En 2009, unha emenda engadiu a Reggio de Calabria á lista.Lei de 5 de maio de 2009, nº 42. As ciddes metropolitanas designadas polas rexións autónomas son: Cagliari, en Sardeña, e Catania, Messina e Palermo en Sicilia.

O 3 de abril de 2014 o Parlamento italiano aprobou unha lei que establecía 10 cidades metropolitanas en Italia.Addio vecchie provice. excluído as das comunidades autónomas (estas catro engadíronse máis tarde).

As novas cidades metropolitanas funcionan desde o 1 de xaneiro de 2015.

Órganos de goberno A cidade metropolitana comprende tres institucións gobernativas: O Alcalde metropolitano. O Consello metropolitano. A Conferencia metropolitana.

A cidade metropolitana está composta polos municipios (comuni) da cidade metropolitana (ex provincia). Cada cidade metropolitana está encabezada por un alcalde metropolitano (sindaco metropolitano), a quen asiste un corpo lexislativo, o Consello metropolitano (Consiglio metropolitano) e unha asemblea non lexislativa, a Conferencia metropolitana (Conferencia metropolitana). Os membros do Consello metropolitano son elixidos polos alcaldes e concelleiros de cada municipio da cidade metropolitana. O alcalde metropolitano é elixido en eleccións nas que participan todos os habitantes da cidade metropolitana. A Conferencia metropolitana está composta polos alcaldes dos municipios da capital metropolitana.Città metropolitane. I nuovi organi.

Funcións e atribucións O artigo 18, parágrafo 7 da lei do 6 de xullo de 2012, nº 95, atribúe á cidade metropolitana:

As funcións fundamentais das provincias suprimidas. As seguientes funcións fundamentais: A planificación territorial e das redes de infraestruturas. A estruturación do sistema coordinado de xestión dos servizos públicos, así como a organización dos servizos públicos de interese xeral de ámbito metropolitano. A mobilidade e o tráfico. A promoción e coordinación do gasto público e social. O patrimonio e os recursos humanos e intrumentais da provincia suprimida, dos cales a cidade metropolitana sucede a título universal en todos os activos e pasivos adscritos. Os recursos financeiros referidos aos artigos 23 e 24 da lei de 6 de maio de 2011.

Cidades metropolitanas

Cidades metropolitanas e as súas delimitaciónes previstas polo ordeamento xurídico nacional,Comunicato di Palazzo Chigi, 5 luglio 2012 e rexiónes con estatuto especial.Riordino del sistema delle autonomie locali della Sardegna (Legge Regionale 4 febbraio 2016, nº 2) . NºCidade metropolitanaDelimitación teritorialPoboación(habitantes)Superficie (km2)Densidade de poboación (hab./km2) 1 Roma Capital ex Provincia de Roma 4 336 915 5 352 807 2 Milán ex Provincia de Milán 3 190 340 1 575 2 016 3 Nápoles ex Provincia de Nápoles 3 128 702 1 171 2 670 4 Turín ex Provincia de Turín 2 293 340 6 829 336 5 Palermo ex Provincia de Palermo 1 300 000 5 009 254 6 Bari ex Provincia de Bari 1 261 004 3 821 329 7 Catania ex Provincia de Catania 1 192 891 3 852 309 8 Florencia ex Provincia de Florencia 1 002 831 3 514 2859 Boloña ex Provincia de Boloña 1 007 435 3 514 286 10 Xénova ex Provincia de Xénova 864 008 1 839 472 11 Venecia ex Provincia de Venecia 858 455 2 462 348 12 Messina ex Provincia de Messina 647 477 3 266 198 13 Reggio de Calabria ex Provincia de Reggio Calabria 558 959 3 183 175 14 Cagliari 17 municipios da ex Provincia de Cagliari 431 302 1 248 345

Localización das cidades metropolitanas dentro das súas rexións respectivas

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Città metropolitane en Biblioteca Nazionale Centrale Firenze .

Categoría:Subdivisións de Italia