Jean Laplace, nado en Annecy, Francia en 1934 e finado no mesmo lugar o 10 de setembro de 2018, foi un debuxante francés.

Traxectoria Fillo dunha comerciante e dun funcionario, formouse como deseñador industrial pero dedicouse á ilustración, afección que cultivou dende neno. Publicou o seu primeiro debuxo humorístico en Le Progrès de Lyon en 1952 e axiña empezou a colaborar en Paris Match, Ici Paris e Samedi Soir. Adaptou as súas ilustracións humorísticas converténdoas en crebacabezas ó crear o "jeu des huit erreurs" (o "xogo dos oito enganos" en galego), inspirado nos xogos tradicionais de 7 diferenzas consistentes en detectar pequenas variacións entre dúas imaxes. O xornal suízo Feuille d'avis de Lausanne foi o primeiro en publicar o seu xogo en 1966, os seus debuxos apareceron cos anos en varios periódicos e revistas franceses e mais en publicacións de todo o mundo. La Voz de Galicia comezou a publicar o seu pasatempo en 1977. Fixo cerca de 19 000 láminas diferentes ó longo da súa carreira.

Obra Recompilación dos seus gags

Recoñecemento Na 49ª edición dos premios de deseño e comunicación visual da AGD-FAD celebrados no ano 2019 rendéuselle homenaxe a Jean Laplace, baseando a campaña de presentación dos Premios Laus 2019 na concepción artística do autor.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en 1934 Categoría:Nados en Annecy Categoría:Debuxantes Categoría:Finados en 2018 Categoría:Deseñadores industriais