Joan Wallach Scott ou Joan Scott, nada o 18 de decembro de 1941 en Brooklyn, é unha historiadora estadounidense, cuxo traballo, inicialmente dedicado á historia francesa (movemento obreiro e historia intelectual) foi dirixido na década de 1980 para a historia das mulleres a partir da perspectiva de xénero.SIQUEIRA, Tatiana Lima. Joan Scott e o papel da história na construção das relações de gênero . Revista Ártemis, vol. 8, xuño 2008, p. 110-117. En 2018 ocupaba a cadeira Harold F. Linder no Instituto de Estudos Avanzados de Princeton.
Entre súas publicacións máis notábeis está o artigo ""Xénero: unha categoría útil de análise histórica"", publicado en 1986 no American Historical Review. Este artigo, "sen dúbida, un dos artigos máis lidos e citados na historia da revista", foi esencial na formación dun campo de historia de xénero dentro dos estudos históricos angloamericanos.
Traxectoria Graduouse na Universidade Brandeis, en 1962. En 1969, obtivo o seu Ph.D. pola Universidade de Wisconsin. Ensinou na Universidade de Illinois en Chicago, na Universidade Northwestern, na Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill, na Universidade de Rutgers e na Universidade Johns Hopkins. Tras ocupar brevemente o cargo de directora de estudos asociados á École des Hautes Études en Sciences Sociales (en 1984), obtivo en 1985 a cadeira Harold F. Linder do Instituto de Estudos Avanzados. En xaneiro de 2006, entrou a formar parte do consello editorial de The Journal of Modern History .
Notas
Véxase tamén
Ligazóns
Joan Scott CV MELO, Érica. Feminismo: velhos e novos dilemas uma contribuição de Joan Scott. Cadernos Pagu, Campinas, n. 31, Dec. 2008 . Dispoñíbel en http://www.scielo.br/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S0104-83332008000200024&lng=en&nrm=iso. Consultado o 21/03/2013.
Categoría:Historiadores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1941 Categoría:Nados en Brooklyn