Foudia flavicans é unha rara especie de ave da orde dos paseriformes, suborde dos oscines, infraorde dos paséridos, e familia dos ploceidos, unha das sete pertencentes ao xénero Foudia, endémica das illas de Rodrigues e de Mauricio.
BirdLife International cualifícaa como vulnerábel. E figura na "Lista de especies en perigo de extinción dos Estados Unidos" como en perigo de extinción.USFWS. Addition of 30 African birds to list of endangered and threatened wildlife. Federal Register 12 de xaneiro de 1995.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1865 polo ornitólogo inglés Alfred Newton.Foudia flavicans A. Newton, 1865 no ITIS.
Etimoloxías Para a do xénero, véxase Foudia.
O epíteto específico, flavicans, é un derivado do adxectivo latino flāvus, -a, -um, "amarelo", "dourado".flavicans en James A. Jobling (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres, Reino Unido: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, p. 160.
Características É un paxaro que mide de 12 a 13 cm de lonxitude. A súa plumaxe xeral é de cor amarela coa cara alaranxada e as costas, as ás e a cola de cor parda.
A súa masa corporal é de 17 g nos machos adultos, e de 16 g nas femias adultas.Hone, David & O'Gorman, Eoin J. (2013): "Body Size datasets" PLOS One. Consultado o 28 de agosto de 2019.
Bioloxía Hábitat Pódese encontrar no dosel dos bosques a alturas de polo menos 5 m, e pode estar asociado con Araucaria cunninghamii e algunhas especies de árbores introducidas. É máis abundante en zonas con árbores máis mestas e máis altas, e que teñan unha maior diversidade de especies arbóreas. Ás veces pódese ver viaxando en bandadas.Impey, A. J., et al. (2002): "Population recovery of the threatened endemic Rodrigues fody (Foudia flavicans) (Aves, Ploceidae) following reforestation". Biological Conservation 107 (3): 299-305.
Nutrición Aliméntase de insectos, arañas, sementes, néctar e froitos.
Poboación Antigamente foi abundante na illa Rodrigues, pero estivo a punto de extinguirse con só 5 ou 6 parellas en 1968. Debido aos esforzos para a súa conservación, o seu número aumentou até entre os 911 e os 1 200 individuos no ano 1999.
Ameazas A principal ameaza para a especie é a destrución do seu hábitat forestal. Moitos bosques foron cortados para conseguir terreos para a agricultura de subsistencia e pastos para o gando. Ademais sofre a competencia do seu parente introducido, a Foudia madagascariensis. Por outra parte, os ciclóns e a seca reducen a subministración de alimentos.
Estado de conservación Os esforzos para a súa conservación inclúen a reforestación, a principal causa do aumento no número de espécimes. Por outro lado, as cercas afastan ao gando.
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), rebaixou o status da especie de "vulnerábel" (VU) a "en perigo" (EN) tendo en conta que a evidencia de que a súa poboación é máis grande do que se pensaba anteriormente e está aumentando rapidamente. Está cualificada hoxe como EN porque ocupa unha área de distribución pequena e segue a ser susceptíbel aos impactos das especies introducidas, de modo que se podería cualificar como "amenazada" dentro dunha ou dúas xeracións.BirdLife International (2016): Foudia flavicans na Lista vermella da UICN. Versión 2019-1. Consultada o 22 de abril de 2019.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Craig, Adrian (2010): "Family Ploceidae (Weavers)". En del Hoyo, J.; Elliott, A. & Christie, D. A. Handbook of the Birds of the World 15. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-368-2. del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A., Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Barcelona / Cambridge, UK: Lynx Edicions / BirdLife International. ISBN 978-84-9655-398-9. Fry, C. H. & Keith, S. (2004): The birds of Africa. Volume VII. Londres, Reino Unido: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-6531-4. Safford, R. J. & Hawkins, A. F. A., eds. (2013): The Birds of Africa. Volume VIII: The Malagasy Region: Madagascar, Seychelles, Comoros, Mascarenes. Londres, Reino Unido: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-6532-1.
Outros artigos Ploceidos Foudia
Ligazóns externas Foudia flavicans. Rodrigues fody na ADW. Foudia flavicans A. Newton 1865 na EOL. Fodi de Rodríguez. Foudia flavicans Newton, A. 1865 en AviBase].
Categoría:Ploceidos Categoría:Animais descritos en 1865