A Festa do Portal é unha celebración relixiosa que ten lugar en Ribadavia arredor do 8 de setembro, festivo local. O evento principal é a procesión da Virxe do Portal, patroa de Ribadavia desde o século XVII, que é acompañada por gran cantidade de persoas fieis e devotas.
A igrexa A igrexa da Virxe do Portal sitúase preto do castelo de Ribadavia, no centro histórico da vila.. O templo actual construíuse no século XVII sufrindo importantes reformas ata o século XIX. É de estilo neoclásica e no interior sobresae o retablo barroco de 1737 feito en madeira de ciprés e que garda a imaxe da Virxe do Portal.
Desenvolvemento A festa comeza coa confección dunha alfombra floral que elabora a asociación Abrandares Rurais, cun deseño diferente cada ano. A instalación ten unha presenza efémera, xa que se rretira pola tarde.
A banda A Lira celebra un pasarrúas. e hai tamén un desfile de xigantes e cabezudos.
A romaría celébrase na Veronza. Á noite hai lanzamento de fogos artificiais e concertos e actuacións no castelo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas http://www.ribadavia.net/ https://www.paxinasgalegas.es/fiestas/virxe-do-portal-ribadavia-2267.html http://ribadavia.es/festas-do-portal/ https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2017/09/09/virxe-do-portal-ribadavia-suma/1746687.html
Categoría:Cultura de Galicia sen imaxes Categoría:Ribadavia Categoría:Festas de Galicia Categoría:Ribadavia sen imaxes