Bernardo Lorenzo Cuétara, nado en Ferrol, é un político galego.
Traxectoria Licenciouse en filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, e durante os seus anos de estudante como representante dos Comités Abertos de Faculdade foi vicedecano de estudantes da facultade de filosofía e ciencias da educación."Obxectivo: levar os alumnos ós órganos de representación" . Galicia Hoxe, 13 de outubro de 2010 Entre 1991 e 1999 traballou nunha empresa de publicidade de Ferrol e dende 2005 é director dunha consultoría especializada en sociedade da información, comunicación política, planificación estratéxica e participación social. Militou no Bloque Nacionalista Galego e foi concelleiro por esa formación en Ferrol entre 1999 e 2003. Tras marchar do Bloque foi dende 2013 un dos coordinadores de Espazo Ecosocialista en Ferrolterra "Espazo Ecosocialista Galego elixiu os seus equipos de dirección comarcais en A Mariña, Pontevedra, Ferrol e Vigo" Crónica3, 22 de xullo de 2013. e vicecoordinador de acción electoral e política municipal da formación."Unha festa para aproximar á esquerda e o nacionalismo". Galicia Confidencial, 20 de xullo de 2014 Nas eleccións locais de 2019 foi o candidato á alcaldía da súa cidade natal por Marea de Ferrol. Notas
Categoría:nados en Ferrol Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Ferrol Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en ano descoñecido