Samuel Crompton, nado en Bolton (Lancashire) o 3 de decembro de 1753 e finado na mesma cidade o 26 de xuño de 1827 foi un inventor inglés, pioneiro da industria téxtil. Traballando cos inventos de James Hargreaves e Richard Arkwright creou a spinning mule, unha máquina que revolucionou a industria mundial.

Traxectoria Primeiros anos Samuel Crompton naceu no 10 Firwood Fold, Bolton, Lancashire, fillo de George e Betty Crompton (de nacemento Elizabeth Holt of Turton). O seu pai era porteiro do próximo Hall i' th' Wood. Samuel tiña dúas irmás máis novas. Cando era novo perdeu o seu pai e tivo que contribuír nos recursos da súa familia fiando, o que aprendeu empregando a spinning jenny de James Hargreaves. As deficiencias desta máquina impulsárono a tratar de mellorar o aparello, traballando en segredo durante cinco ou seis anos.

O 16 de febreiro de 1780 na igrexa parroquial de Bolton, Crompton casou con Mary Pimlott (ou Pimbley). Tiveron oito fillos, incluído George Crompton (nado o 8 de xaneiro de 1781), que continuou co negocio familiar.

Spinning mule thumb|esquerda|Único exemplo sobrevivente dunha spinning mule construída por Crompton no Bolton Museum. Arredor de 1779, Samuel Crompton tivo éxito producindo unha mule-jenny, máquina que lograba fíos axeitados para o uso na fabricación de muselina. Coñeceuse como muslin wheel (roda de muslina) ou a Hall i' th' Woodwheel, polo nome da casa en que vivían el e a súa familia. A mule-jenny converteuse máis adiante na spinning mule. Había unha forte demanda para o fío que Crompton estaba a fabricar en Hall i' th' Wood pero faltáronlle os medios para obter unha patente. A espionaxe nos seus métodos forzaron a Crompton a escoller entre destruír a máquina ou facela pública. Decidiuse por esta última alternativa despois de recibir promesas de numerosos fabricantes de pagarlle por usar a súa máquinal. Porén, todo o que recibiu foron unhas 60 libras.

A mule-jenny xiraba as fibras empregando rolos como no marco de Arkwright, mentres que o fuso se movía adiante e atrás 54 polgadas para estricar o fío, e entón recollíao nos fusos como na máquina de Hargreaves. A importancia da mule era que podía xirar o fío mellor que se se fixese a man, o que levaba a obter fibras aínda máis finas. Os fíos grosos (40s) vendíanse por 14 xilins por libra, mentres que o fiado na súa máquina (80s) se vendía a 42 xilins por libra. miniatura|"Esta vista de The Hall ith' Wood preto de Bolton. (onde Samuel Crompton inventou a primeira Spinning Mule) ...dedicada con respecto aos fiadores de algodón de Lancashire." Litografía de F. Jones (Day & Son, litógrafos da Raíña), a partir de Selim Rothwell. Como a mule non foi patentado outros axiña a fabricaron. A máquina foi construída en ferro e aplicouse potencia para axudar ao motor interior en 1790 e contra 1834 estaba totalmente automatizada. Unha enquisa de 1812 amosou que había entre catro e cinco millóns de fusos en uso. Crompton non recibiu compensación económica (royalties) polo seu invento.

En 1800, conseguiuse unha suma de 500 libras para o seu beneficio mediante subscrición e cando en 1809 Edmund Cartwright, inventor do tear mecánico, obtivo 10 000 libras do parlamento, Crompton decidiuse a solicitar unha subvención. En 1811, fixo unha nos distritos produtores de Lancashire e Escocia para recoller probas que amosasen o extensivo uso da súa máquina e en 1812 o parlamento outorgoulle 5000 libras. Con esta axuda monetaria, Crompton comezou un negocio como branqueador e mercador e fiador de algodón, mais sen éxito. En 1824, algúns amigos como Isaac e Benjamin Dobson, Benjamin Hick, John Kennedy e Peter Rothwell, do Bolton's Black Horse "prosecution" Club, conseguíronlle unha anualidade de 63 libras sen o seu coñecemento."Crompton, Samuel". Encyclopædia Britannica (11th ed.). Cambridge University Press

Crompton faleceu na súa casa de King Street, Bolton o 26 de xuño de 1827, e foi enterrado na igrexa parroquial de St Peter's.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

- contains a photograph of a statue of Crompton

Ligazóns externas Essay on Crompton and the spinning mule Essay on Samuel Crompton The life of Samuel Crompton 1753 – 1827 no Bolton Museum The Crompton Trail Samuel Crompton en bolton.org.uk

Categoría:Nados en Lancashire Categoría:Nados en 1753 Categoría:Finados en 1827 Categoría:Inventores do Reino Unido