thumb|280px|Linguas reto-románicas actuais.

As linguas retorrománicas forman un grupo de linguas romances da área alpina que segundo algúns autores representan o resto dunha área romance máis ampla que chegaba polo norte até o Danubio. Lingüisticamente, comparten características coas linguas occitano-románicas e galorrománicas. Beninca, Paola; Haiman, John (2005). The Rhaeto-Romance Languages. Routledge. ISBN 978-1-134-96548-9.

Clasificación thumb|300px|Distribución histórica das linguas reto-románicas.

Dentro das linguas románicas occidentais as variedades reto-románicas son un grupo bastante diverxente cuxa posición dentro do grupo romance occidental é difícil de precisar.

Desde o punto de vista léxico, constitúen unha das ramas máis diverxentes (deixando de lado o galorrománico e o sardo, que son aínda máis diverxentes).

A clasificación románica territorial e Ethnologue agrúpaas coas linguas galorrománicas, aínda que realmente o grupo reto-románico parece ter características de transición entre o galorrománico propiamente dito e o galo-itálico do norte de Italia. Leonard, Clifford S. (1964). "Proto-Rhaeto-Romance and French". Language. 40 (1): 23–32. doi:10.2307/411921. JSTOR 411921.

Clasificación interna

Friulano (furlan): falado na provincia italiana de Údine, ten o status de lingua rexional. Variedades romanches (rumantsch), que inclúen as cinco variedades escritas que se falan en Suíza (no cantón dos Grisones). Na actualidade o número de falantes de todos estes dialectos reunidos é dunhas 40.000 persoas. Sursilvano Sutsilvano Surmirano Puter Vallader Interromanche (rumantsch grischun) Dialectos ladinos (ladín): empregados nos Dolomitas (Italia), considéranse unha lingua rexional con varios dialectos, ten o status de lingua rexional. Atesino Agordino Ampezzo Cadorino Ladino estándar Nonés Solandro Trentino

Notas