Pumpuang Duangjan (en ), tamén coñecida como Pueng (tailandés: ผึ้ง), nada o 4 de agosto do 1961 en Suphanburi e finada o 13 de xuño do 1992 en Phitsanulok, foi unha actriz e cantante tailandesa. Está considerada a pioneira do Luk Thung electrónico, así como unha das máis importantes cantantes do xénero.
Traxectoria Pumpuang Duangjan naceu en Suphanburi no 1961, filla dunha parella de agricultores pobres. Estudou a educación primaria durante só dous anos, xa que tivo que abandonala para dedicarse a traballar nun campo de cana de azucre. Malia a súa condición de analfabeta, gustáballe memorizar as letras das cancións para presentarse a concursos de canto locais.
Comezou a gañar sona de adolescente, e a súa fama aumentou a partir da década dos setenta. A pesar da súa relevancia no país, a súa carreira viuse limitada por amantes, axentes e promotores musicais, que lle negaron acceso aos beneficios económicos xerados polo seu traballo. Neste sentido, non puido financiar o tratamento para a enfermidade que acabaría coa súa vida.
Faleceu en Phitsanulok no 1992, con tan só trinta anos.
Legado Pueng é lembrada polas súas letras, que narran a vida no rural tailandés. No 2018, foi a protagonista dun Google Doodle, co gallo do 57.º aniversario do seu nacemento.
Discografía Nak Rong Baan Nok (นักร้องบ้านนอก) Noo Mai Roo (หนูไม่เอา) Kho Hai Ruai (ขอให้รวย) Som Tam (ส้มตำ) Nad Phop Na Ampoer (นัดพบหน้าอำเภอ) Take Ka Tan Phook Bo (ตั๊กแตนผูกโบว์) Anitja Tinger (อนิจจาทิงเจอร์) Aai Saang Neon (อายแสงนีออน) Filmografía Televisión Nang Sao Yi Sai (นางสาวยี่สาย) Filmes 1984 – Chee (ชี) 1984 – Nang Sao Ka Thi Sod (นางสาวกะทิสด) 1984 – Khoe Thot Tee Thee Rak (ขอโทษที ที่รัก) 1984 – Jong Ang Pangad (จงอางผงาด) 1985 – Thee Rak Ter Yoo Nai (ที่รัก เธออยู่ไหน) 1986 – Mue Puen Khon Mai (มือปืนคนใหม่) 1987 – Sanae Nak Rong (เสน่ห์นักร้อง) 1987 – Chaloey Rak (เชลยรัก) 1987 – Pleng Rak Phleng Puen (เพลงรัก เพลงปืน) 1988 – Phet Payak Rat (เพชรพยัคฆราช) Notas
Categoría:Actores de Tailandia Categoría:Cantantes de Tailandia Categoría:Nados en 1961 Categoría:Finados en 1992