Hatuey, finado o 2 de febreiro de 1512, foi un cacique taíno orixinario da illa da Española que viviu durante o século XVI e marchou á illa de Cuba durante a conquista española. Conseguiu un status case lendario por liderar un grupo de nativos contra a invasión dos españois, e converteuse nun dos primeiros loitadores contra o colonialismo no Novo Mundo. É considerado como o "primeiro heroe nacional de Cuba".Running Fox, 'The Story of Cacique Hatuey, Hero of the Republic of Cuba', La Voz del Pueblo Taíno (United Confederation of Taino People, U.S. Regional Chapter, xaneiro de 1998) O filme de 2010, También la lluvia inclúe unha representación cinematográfica da execución de Hatuey.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Pobo taíno Cacicados da Española
Categoría:Nados no século XV Categoría:Finados en 1512 Categoría:Líderes taínos Categoría:Executados na fogueira Categoría:Mártires pagáns