Northumberland é un dos corenta e sete condados de Inglaterra, Reino Unido. A súa capital é Alnwick, aínda que o County council (a corporación administrativa elixida que goberna o condado) está na vila de Morpeth,O County Council de Northumberland trasladouse de Newcastle upon Tyne a Morpeth o 21 de abril de 1981 (ver a nova aquí ). que, segundo o censo do ano 2011, tiña unha poboación de 14 018 habitantes.
Situado na rexión Nordeste, limita ao norte con Escocia, ao leste co mar do Norte (cunha liña de costa de 103 km), ao sur con Tyne e Wear e Durham e ao oeste con Cumbria.
Segundo o censo de 2015, tiña 315 300 habitantes. Abarca unha superficir de 50 13 km², polo que, nse ano, a súa densidade de poboación era de 61,28 hab./km².
O límite máis extenso do condado estendíase ao longo do río Humber ao norte, ao igual que o antigo reino de Northumbria do rei Edwin. Na actualidade, porén, o condado abrangue unha superficie máis pequena.
Até a reorganización de 1974 incluía a cidade de Newcastle, que era a capital tradicional do condado, pero que agora pertence ao de Tyne e Wear. A capital actual de Northumberland é, como quedou dito, a vila de Morpeth.
Para algunhas cuestións, sobre todo as relacionadas coa fauna e algunhas organizacións deportivas, non se teñen en conta os límites establecidos en 1974.
O condado de Northumberland é coñecido pola súa música tradicional, sobre todo pola interpretada con gaita (Northumbrian smallpipe).
Galería
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sitio web oficial do concello de Northumberland. Visit Northumberland – The Official Visitor Site
Categoría:Condados de Inglaterra