miniatura|240px|Columba palumbus. miniatura|240px|Nesoenas mayeri. miniatura|240px|Streptopelia decaocto. A dos columbinos (Columbinae) é unha subfamilia de aves pertencente á subclase das neornites, infraclase dos neognatos, superorde das neoaves, granorde dos columbimorfos, e orde das columbiformes.
De distribución mundial, é a subfamilia que inclúe a maior cantidade de xéneros da familia.
Taxonomía Descrición A subfamilia foi descrita en 1820 polo zoólogo inglés William Elford Leach, na súa obra Synopsis of the Contents of the British Museum: Eleventh Room. 17th edition. Londres: British Museum.
Xéneros A maioría dos autores recoñecen na subfamilia os xéneros seguintes:Columbinae no ITIS.Gill F. & Donsker D. (eds.): Order Columbiformes. Family Columbidae na IOC World Bird List. Versión 9.1 (2019).Boyd, John: Columbidae: Doves, Pigeons.
Caloenas G. R. Gray, 1840 Chalcophaps Gould, 1843 Claravis Oberholser, 1899 Columba Linnaeus, 1758 Columbina Spix, 1825 Ectopistes Swainson, 1827 Gallicolumba Heck, 1849 Geopelia Swainson, 1837 Geophaps G. R. Gray, 1842 Geotrygon Gosse, 1847 Henicophaps G. R. Gray, 1862 Leptotila Swainson, 1837 Leucosarcia Gould, 1843 Macropygia Swainson, 1837 Metriopelia Bonaparte, 1855 Microgoura Rothschild, 1904 Ocyphaps G. R. Gray, 1842 Oena Swainson, 1837 Patagioenas Reichenbach, 1852 Petrophassa Gould, 1841 Phaps Selby, 1835 Reinwardtoena Bonaparte, 1854 Starnoenas Bonaparte, 1854 Streptopelia Bonaparte, 1854 Trugon G. R. Gray, 1849 Turacoena Bonaparte, 1854 Turtur Boddaert, 1783 Uropelia Bonaparte, 1854 Zenaida Bonaparte, 1854
Tamén se coñecen tres xéneros monotípicos: †Arenicolumba Steadman, 2008 †Ectopistes Swainson, 1827 †Microgoura Rothschild, 1904
Controversia taxonómica Porén, algúns autores inclúen catro xéneros: Geotrygon, Leptotila, Starnoenas e Zenaida na subfamilia Leptotilinae, que para a maioría é a tribo dos Zenaididini.Banks, R. C. et al. (2013): "Classification of a clade of New World doves (Columbidae: Zenaidini)". Zootaxa 3669 (2): 184-188.
Historia A pomba é unha das especies que parece ter evolucionado co home desde a prehistoria. É difícil coñecer a densidade da poboación columbina prehistórica, pero sabemos que a prima norteamericana da pomba europea, a pomba viaxeira, constituíu até o século XVIII grandes poboacións en América do Norte onde só era cazada ocasionalmente polos amerindios. Os seus voos ocultaban o sol, segundo os cronistas. Cando a súa caza, nos tempos da colonización do medio oeste estadounidense se desenvolveu rápida e facilmente, xa que era pouco temerosa do home, trens enteiros cheos de cadáveres de pombas salvaxes foron enviados ás grandes cidades, até a súa extinción relativamente brutal ao final do século XIX.
A pomba foi domesticada desde a prehistoria. Desde a antigüidade, os militares utilizárona para transmitiren mensaxes. Tamén se usaban desde esa época para a alimentación.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía del Hoyo J., Elliott A. & Sargatal J. (1997): Handbook of the Birds of the World, Volume 4, Sandgrouse to Cuckoos. Barcelona: BirdLife International / Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-422-1. Josep del Hoyo & Nigel J. Collar, con David A. Christie, Andrew Elliott, Lincoln D. C. Fishpool (2014): Illustrated Checklist of the Birds of the World, volume 1 (Non-passerines), Handbook of the Birds of the World. BirdLife International, Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-394-1.
Outros artigos Columbiformes Colúmbidos
Categoría:Colúmbidos